Hoxe ás 9,30 horas a presidenta do Congreso dos Deputados, Ana Pastor, inaugurou o VII Foro Parlamentario Hispano Portugués. No acto tamén interveu tamén Eduardo Ferro Rodrigues, presidente da Asemblea da República de Portugal.
Tras a inauguración, interviñeron os membros da Comisión Mixta para a Unión Europea para reflexionar sobre o papel de España e Portugal en Europa.
A continuación, ás 11:30 horas, comezou a primeira mesa, que tivo por título "Pensións, Sanidade e Política Social" e na que tomaron a palabra os deputados da Comisión de Sanidade, Consumo e Benestar Social e da Comisión de Seguimento e Avaliación dos Acordos do Pacto de Toledo. A seguinte mesa deu comezo ás 12.15 horas e tratou sobre "Cooperación en materia cultural". Intervironn os deputados que forman parte da Comisión de Cultura e Deporte.
Á mesma hora na sala Constitucional celebráronse as mesas de "Educación, Universidades e Política Científica" e de "Cooperación en infraestruturas", nas cales participaron os membros das comisións de Educación e Formación Profesional, de Ciencia, Innovación e Universidades e de Fomento.
A miña participación específica tivo lugar na mesa de Infraestruturas.
Co deputado de Porto, Virgilio Macedo |
Afirmei que é da máxima importancia continuar avanzando na execución do saída Sur de Vigo, o que supón a prolongación da actual liña de Alta Velocidade A Coruña - Vigo, dirección Portugal. Iniciativa apoiada pola Xunta de Galicia.
Dixen que xa se conseguiu que a Comisión Europea recomende ao Parlamento Europeo un novo regulamento da Rede Transeuropea de Transportes (TEN- T) que amplíe o Corredor Atlántico ferroviario ata Galicia, incluíndo a Liña Ourense – Vigo, o que o situaría a 8 km. da fronteira ferroviaria Tui - Valença.
Esta Rede Transeuropea de Transporte debe ser considerada prioritaria para a potenciación da Eurorrexión Galicia Norte de Portugal xa que, ademais de mellorar o transporte de viaxeiros, supón a conexión dos grandes portos de Galicia e Portugal, en especial co porto de Sines (Lisboa).
Tamén falei na miña intervención de que propoñiamos que España e Portugal traballen conxuntamente na valorización do Camiño Portugués de Santiago de Compostela, que sen dúbida forma parte do patrimonio cultural e material de ambos os países.
Dixen que mesmo xa se traballa en favor dunha futura candidatura do Camiño Portugués de Santiago a Patrimonio Mundial da UNESCO, para que poida ser realmente unha candidatura ibérica.
Co deputado Helder Amaral, Pte . da Comisión de Fomento lusa |
A clausura do acto tivo lugar ás 16.00 horas na sala Ernest Lluch, tras elaborar as conclusións deste Foro.
Entre esas conclusións inclúense dúas que forman parte das prioridades da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (aprobadas pola Xunta de Galicia e a Comissao de Coordinaçao de e Désenvolmenento Regional do Norte) e que foron propostas por quen subscribe e apoiadas decisivamente pola presidenta Ana Pastor:
A primeira di:
A segunda:
“Así mesmo, os parlamentarios da Asemblea da República e do Congreso dos Deputados, manifestan o seu apoio á promoción do Camiño portugués a Santiago de Compostela e das súas diferentes vías, como eixo vertebrador de desenvolvemento e cohesión, e coa vista posta no próximo Xacobeo 2021.”
Os presidentes asinan as conclusións |
Pola súa banda, a delegación portuguesa estivo integrada por Eduardo Ferro Rodrigues, presidente da Asemblea da República; Duarte Pacheco, secretario da Mesa da Asemblea da República; Idália Serrão, secretaria da Mesa da Asemblea da República; Sérgio Sousa Pinto, presidente da Comisión de Asuntos Exteriores e Comunidades Portuguesas; Regina Bastos, presidenta da Comisión de Asuntos Europeos; Margarida Marques, vicepresidenta da Comisión de Asuntos Europeos; Hélder Amaral, presidente da Comisión de Economía, Innovación e Obras Públicas; Fernando Virgílio Macedo, vicepresidente da Comisión de Economía, Innovación e Obras Públicas; Alexandre Quintanilha, presidente da Comisión de Educación e Ciencia; Nilza de Sena, vicepresidenta da Comisión de Educación e Ciencia; José de Matogueiras Rosa Presidente da Comisión de Sanidade; Maria Antónia de Almeida Santos, Vicepresidenta da Comisión de Sanidade; Feliciano Barreiras Duarte, presidente da Comisión de Traballo e Seguridade Social; Rita Intre, vicepresidenta da Comisión de Traballo e Seguridade Social; Edite Estrela, presidenta da Comisión de Cultura, Comunicación, Mocidade e Deporte; Jorge Campos, vicepresidente da Comisión de Cultura, Comunicación, Mocidade e Deporte; Luís Moreira Testa, vicepresidente do grupo de Amizade Portugal-España.
Recibirá resposta