A Oferta de Emprego Público da Xunta de Galicia para 2018 ascenderá a 5.686 prazas, a maior desde 2008


Onte o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacaba na rolda de prensa do Consello que a oferta de emprego público para 2018 ascenderá a 5.686 prazas, nos ámbitos da sanidade, da educación, dos servizos sociais e da Administración xeral, a maior desde 2008.
Unha boa nova da que dou conta neste Blog, reproduciendo a nota de prensa difundida pola Xunta.
"Logo de precisar que esta oferta será presentada ás organización sindicais, co obxectivo de aprobar os correspondentes decretos de ofertas de emprego público antes de que remate o ano, Feijóo resaltou que, do total da oferta, 2.175 prazas correspóndense co ámbito da Administración xeral, o que permitirá reforzar eidos prioritarios como os servizos sociais, a loita contra a fraude fiscal, o asesoramento xurídico ou os servizos xerais e de administración, así como estabilizar o emprego temporal.
“Estamos a falar dunha cifra que triplica a do ano pasado e que conta cunha reserva para persoas con discapacidade por riba do 9%, é dicir, superior ao 7% establecido na lexislación”, dixo.
Ás 1.448 prazas de acceso libre súmanse outras 150 para a promoción interna de persoal funcionario e, como novidade este ano, inclúense 577 para o proceso de funcionarización voluntaria do persoal laboral fixo. “Estamos a falar do que será o primeiro proceso global de funcionarización que desenvolve a Administración galega en toda a súa historia”, abundou.
No eido da sanidade pública ofertaranse 1.461 prazas, apostando pola atención primaria en áreas como a pediatría ou a medicina familiar. Deste xeito, serán case 7.000 os profesionais que se incorporarán ás institucións sanitarias do sistema público de Galicia cun emprego fixo desde o ano 2009.
“Concretamente, esta oferta dará resposta ás necesidades asistenciais e organizativas identificadas como prioritarias polo Servizo Galego de Saúde, con especial atención aos ámbitos asistenciais cunha maior demanda de efectivos”, explicou, referíndose a medicina de familia e da pediatría, así como a outras categorías que rexistran unha maior densidade de estabilización dos seus cadros de persoal.
O titular da Xunta aseverou que o obxectivo é alcanzar, no ano 2020, o compromiso asinado caos organización sindicais e xa iniciado co decreto de oferta de 2017, que sitúa a taxa de temporalidade na porcentaxe do 5%.
Máis polo miúdo, está prevista a convocatoria de: 512 prazas de persoal licenciado sanitario; 659 de diplomado e formación profesional; e 229 prazas de persoal de xestión e servizos das áreas de administración e hostalería.
E, do total de prazas: 98 reservaranse para persoas con discapacidade; e ata un 50 por cento das prazas convocaranse para a súa provisión polo sistema de promoción interna.
A oferta de emprego público en sanidade tamén alcanzará a persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria cun total de 61 prazas, das cales: 7 corresponden á taxa ordinaria de reposición de efectivos; e 54 á taxa adicional para a estabilización do emprego temporal no sector da saúde pública e administración sanitaria. E, entre as clases que serán obxecto da oferta destacan: os inspectores médicos; os inspectores farmacéuticos; e os farmacéuticos inspectores de saúde pública.
Por último, cómpre salientar que as 2.050 prazas restantes correspóndense co ámbito educativo e xa foron executadas: 705 prazas para mestres; 1.050 para para docentes de ensino secundario; 160 para profesores de Formación Profesional; 105 para catedráticos de música e artes escénicas; e 30 para docentes de escolas de idiomas.
A oferta de emprego para 2018 foi executada con normalidade durante o verán, e agora a Administración galega xa está a traballar na oferta de emprego para o vindeiro exercicio.
Feijóo concluíu subliñando que, coa oferta de emprego público que se aprobará este ano tras abordala coas organizacións sindicais, o Goberno galego terá ofertado xa máis da metade das 15.000 prazas comprometidas no Plan de estabilidade no emprego público para o período 2017-2020, asinado entre a propia Administración autonómica e as organizacións sindicais."

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta


Con la tecnología de Blogger.