No programa Voces de Galicia de Radio Voz

Participo hoxe no faladoiro do Programa Voces de Galicia, que modera en Radio Voz, Antía Díaz. 

Nesta ocasión estivo tamén o Pablo Mosquera.

Falamos en primeiro lugar da sesión de onte no Parlamento de Galicia con ocasión do Debate sobre o estado da Autonomía.

Comecei dicindo que o discurso do presidente da Xunta de Galicia, Alberto  Núñer Feijóo foi o dun gobernante responsable e con prestixio, que defende o interese xeral por encima de todo e que fala con respecto e moderación. Un político apoiado polas urnas que rende contas e expón proxectos de futuro que quere compartir con todos.

E que entre outros mensaxes dixo que "estamos aquí para gobernar polo ben dos galegos, e por iso, confírmolles que o próximo ano: en Galicia haberá presupostos; en Galicia haberá menos débeda; e en Galicia baixaremos impostos."

Salientei o anuncio de que o ano que vén Galicia será unha das comunidades con menos impostos para mercar vivenda habitual usada, e a máis barata no caso dos mozos, familias numerosas e persoas con discapacidade. E de que no debate de orzamentos concretarase o alcance da política fiscal para este exercicio, garantindo o mantemento dos beneficios fiscais que están en vigor e co deseño de novas baixadas nos impostos cedidos.


Tamén falamos da negativa do Presidente Pedro  Sánchez a comparecer no Senado para explicar a súa tese doutoral.

Lembrei que na Xunta de Portavoces do 3 de outubro, o secretario de Estado de Relacións coas Cortes comprometeuse á comparecencia do presidente o día 23 de outubro para dar esas explicacións. 

Dixen que esa sorpresiva negativa a comparecer  exposta onte mesmo  polo secretario de Estado de Relacións coas Cortes na Xunta de Portavoces celebrada, provocou que a Mesa do Senado, enviara ao presidente un requirimento co Acordo da Mesa de que compareza. 

E dixen que no caso de que o presidente se negue a respectar o Acordo da Mesa do Senado e o compromiso do Goberno na Xunta de Portavoces do día 3 de outubro, o Grupo Popular pedirá a creación dunha comisión de Investigación sobre a tese doutoral do presidente e será o presidente ao que primeiro se chamará. Ao mesmo tempo advirte de que, en caso de non comparecer, sería un delito penal. 

Lembrei que o  art. 110 da Constitución, establece que: “As Cámaras e as súas Comisións poden reclamar a presenza dos membros do Goberno”. 

E que por tanto a negativa do Sánchez, implica que o Goberno está a incorrer nunha grave falta de respecto ao Parlamento e ao Senado, propia de réximes antidemocráticos.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta



Con la tecnología de Blogger.