domingo, 7 de octubre de 2018

Continuan os avances no viaduto de Teixeiras la LAV Madrid-Galicia

O pasado domingo 24 de xuño publicaba neste blog unha entrada dando conta da visita que fixera ao  Concello de Laza coa finalidade de ver as obras que neste termo municipal está a executar o Ministerio de Fomento, a través de  Adif Alta Velocidade, relativas á construción da Liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia.

Pois ben, hoxe, 104 días despois volví nao mesmo lugar e observei un notable avance nas obras do subtramo  Portocamba- Cerdedelo, de 2,3 km de lonxitude (2.303 m na vía dereita e 2.300 m na vía esquerda).  Estas fotos o acreditan.

Un proxecto que tal e como foi adxudicado contempla a construción dos túneles de  Cerdedelo (1.700  m) e do viaduto de  Teixeiras (508 m) que salva o arroio do mesmo nome, un afluente do río Támega.

Sen dúbida a execución deste viaduto  é o reto máis complexo das obras na montaña ourensá.

Estes viadutos execútanse mediante semiarcos abatidos e dovela central de peche, logrando un van de 132  m de lonxitude que salva as afeccións ao LIC (Lugar de Interese Comunitario) do río Támega. Ambos dispoñen de seis pilas e oito vans, sendo a lonxitude total entre eixos de  estribos de 508 m.

Para ambas as vías, proxéctanse cimentacións directas na ladeira este e cimentacións profundas mediante pilotes executados in situ con camisa  recuperable na ladeira oeste.

A sección transversal dos dous taboleiros está constituída por un caixón de formigón  postesado, cun canto sobre pilas de 5,20 m.

As pilas do viaduto están formadas por un fuste de formigón armado de sección rectangular oca cos vértices rematados por arcos. As dimensións da sección transversal dos fustes aumentan linealmente coa altura da pila cunha pendente de 1/50.






Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta