Primeira transferencia a Galicia de fondos para executar o Plan Estatal de Vivenda 2018-2021


Esta semana coñecemos que o Ministerio de Fomento ordenou a transferencia á Comunidade Autónoma de Galicia de 8,23  M€, como consecuencia do convenio subscrito o 30 de xullo de 2018 para a execución do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021.

Neste convenio o Ministerio comprométese a achegar 82,25  M€ e a Comunidade Autónoma a cofinanciar o Plan con 24,67  M€. En total destínanse 106,93  M€ para as axudas dos distintos programas do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021 en Galicia.

A medida que a Comunidade Autónoma de Galicia xustifique a aplicación dos fondos previamente transferidos o Ministerio transferirá durante os catro anos do Plan outros 74,02 millóns de euros, ata  totalizar 82,25 millóns.

Segundo o acordado no Convenio, os 106,93 millóns de euros previstos polo Plan Estatal de Vivenda irán destinados, inicialmente, aos seguintes programas:

    Programa de axuda ao aluguer de vivenda, 19,84  M€.
  Programa de axuda ás persoas en situación de desafiuzamento ou lanzamento da súa vivenda habitual, 1,67  M€.
    Programa de fomento do parque de vivenda en aluguer, 5,78  M€.
    Programa de fomento de mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade en vivendas, 11,12  M€.
  Programa de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas, 15,74  M€.
    Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural, 37,41  M€.
    Programa de axuda aos mozos, 10,58  M€.
  Programa de fomento de vivendas para persoas maiores e persoas con discapacidade, 4,79  M€.

Durante a vixencia do Plan poderase modificar a distribución dos fondos entre programas con obxecto de adaptarse ás demandas de axudas sobrevindas. Esta modificación haberá de ser solicitada pola Comunidade Autónoma e deberá contar coa conformidade do Ministerio de Fomento.

Estímase que se concederán máis de 32.529 axudas en Galicia. Ademais, a actividade necesaria para realizar os traballos de rehabilitación e promoción de vivendas para o aluguer xerará un investimento global de 187,10  M€, unhas cifras que axudarán a crear aproximadamente 3.895 postos de traballo.

Lembrar que este Plan foi acordado e aprobado polo anterior Executivo español cun incremento dos recursos para Galicia de máis do 60% con respecto ao anterior, un total de 107 millóns de euros que beneficiarán a 18.700 familias, que verán mellorada as súa calidade de vida, xerándose 11.000 empregos e unha mobilización de recursos de máis de 250 millóns de euros.

Este investimento é posible porque a Xunta ten elevado ao máximo o financiamento autonómico, cunha achega de 25 millóns de euros, o que permitiu tamén acadar o tope de investimento do estado, que ascende a 82,2 millóns.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta.

Con la tecnología de Blogger.