jueves, 30 de agosto de 2018

En Radio Voz, falando das compensacións aos Portos de Galicia

Participo hoxe no faladoiro do Programa Voces de Galicia, que modera en Radio Voz, Antía Díaz. Nesta ocasión estivo tamén o concelleiro coruñés Pepe García.

Falamos en primeiro lugar do recente anuncio do executivo de Pedro Sánchez, no Consejo de Política Fiscal y Financiera de asumir a débeda financeira xerada pola Copa de América e a a Fórmula 1 no porto de Valencia e a discriminación cos portos galegos en relación coas cargas económicas xeradas por acometer investimentos en infraestruturas loxísticas ou portuarias.

Dixen compartir co Grupo Parlamentario Popular no Parlamento de Galicia, unha iniciativa encamiñada a que a Xunta esixa do Goberno do Estado unha igualdade de trato e consideración entre as diferentes autoridades portuarias galegas en relación á de Valencia, nos termos relativos ao financiamento e asunción das débedas contraídas pola acometida de infraestruturas necesarias para a súa operatividade e competitividade.

Unha iniciativa na que nomean as dúas grandes infraestruturas dos portos exteriores de Punta Langosteira e Caneliñas, ás que se uniron outras como o acceso ferroviario ao peirao de Vilagarcía, as melloras de operatividade para contedores en Marín ou a rampa, silo para automóbiles e a mellora do atraque de cruceiros en Vigo.Falei de que estas apostas e custes asumidos polas autoridades portuarias realizáronse no marco dunhas regras sempre manifestadas polos distintos gobernos de España en condicións idénticas e sen condonar a débeda a ningún porto de interese xeral.  

Dixen que esta iniciativa de reclamar un trato igualitario, tamén é compartida por outras forzas políticas como En Marea, O BNG e algún dirixente socialista, e que non resulta admisible o posicionamento do PS de G contrario a reivindicar un trato igualitario.

Fronte as críticas de Pepe García á xestión do presidente da Autoridade Portuaria de A Coruña, lembreille a recente adxudicación do  proxecto de ampliación do  peirao Langosteira para atender a crecente demanda dos clientes  que  se van  trasladando  desde o porto interior,  así como  de novos operadores, cuxa  actividade   de  maneira exponencial  os    tráficos  en Punta  Langosteira, cunha  previsión de crecemento  continuo no futuro.

Citei a aprobación das contas   anuais   da Autoridade  Portuaria  e  aplicación   de resultados correspondentes   ao    exercicio de 2017.  Alcanzouse    a    cifra  de negocio máis alta na historia do organismo público, cun total  de 30,36 millóns   de euros, o   que  supón     un   incremento    do   9,8%  respecto ao    exercicio de 2016.  Cifras positivas que se vinculan  ao  aumento da actividade portuaria  rexistrado   en 2017 xa que   se superaron por primeira   vez  os    15   millóns   de toneladas  de mercadoría,  un  9% máis que  o  ano anterior.

Falei tamén do Protocolo xeral  de actuación subscrito entre o Ministerio de Fomento, a Xunta  de Galicia,  Portos  do Estado e a Autoridade portuaria  da Coruña, no que se recolle  que  a ligazón  ferroviaria  do   porto  exterior  será licitado ao longo do  primeiro semestre de 2019, con cargo  aos orzamentos   de  Adif e de Portos do   Estado. 

O  protocolo   recolle    tamén o compromiso  da Xunta  de Galicia de dedicar  un   máximo  de 20  millóns   de euros á adquisición de dereitos  nos peiraos de Batería e Calvo Sotelo, satisfacendo  así  as necesidades do  Porto de A Coruña   para abordar no curto  prazo o financiamento do  porto exterior, á vez que se garante a titularidade pública  dos terreos.