Por iso o Ministerio de Fomento habilitou un crédito de 1,96 M€ para actuar de forma urxente nas seguintes Estradas da Rede do Estado en Ourense: A-52 varios tramos entre os puntos quilométricos (PP. KK.) 153,900 ao 233,700, calzada dereita e do 175,200 ao 210,000, calzada esquerda;A-75 entre os PP. KK. 1,500 ao 9,000, calzada dereita e entre os PP. KK. 12,000 ao 1,500, calzada esquerda; N-525 entre os PP. KK. 118,500 ao 120,300 e 200,000 ao 210,000; N-120, entre os PP. KK. 439,700 e 471,400 e entre os PP. KK. 564,995 e 596,420; N-536, entre os PP. KK. 33,800 e 51,980; N-540, entre os PP. KK. 69,350 e 77,560; N-541, entre os PP. KK. 22,670 e 28,620.
Os traballos na N-525 comezan mañá mércores, 29 de agosto, mentres que no resto de estradas comezarán o próximo día 3 de setembro, unha vez finalizada a operación especial de tráfico correspondente ao final do mes de agosto.
O Ministerio de Fomento reduciu a velocidade nos tramos puntuais que presentan un firme irregular, de acordo cos criterios xerais establecidos pola Dirección Xeral de Estradas, por cuestións de seguridade viaria. Trátase dunha limitación temporal ata que sexan executadas as obras necesarias para restaurar a regularidade do firme nas zonas afectadas.
Celebramos esta nova que ten consecuencia nas reiteradas demandas de hai moitos meses, formuladas desde diversas instancias, incluidas as deste deputado e que tiveron receptividade na Unidade de Estradas do Estado en Ourense. Tamén consecuencia dos PGE para 2018 aprobados polo Goberno do Partido Popular.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.