O Hospital Universitario de Ourense estreará en setembro a súa segunda Resonancia Magnética Nuclear


A primeiros deste mes divulgaba a Xunta unha nova importante da que fágome eco neste blog, pola súa importancia para os milleiros de usuarios da sanidade da nosa provincia-
É que no vindeiro mes de setembro, o Hospital Universitario de Ourense estreará a súa segunda Resonancia Magnética Nuclear (RMN), equipo diagnóstico de última xeración, no que o Servizo Galego de Saúde investiu un total de 1.451.886,54 euros.
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, destacou que esta equipación de alta tecnoloxía permitirá asumir a practica totalidade de estudos que se solicitan no centro e acceder a novas técnicas diagnósticas, así como duplicar a capacidade de realización de resonancias.
O pasado ano 2017, realizáronse 17.132 estudios de RMN solicitados desde os distintos servizos do hospital e desde os centros de atención primaria de Ourense. A maioría de carácter ambulatorio (9.853 probas) e o resto a pacientes ingresados.
Da inversión total de 1,4 millóns de euros, 618.781,61 euros corresponden as obras de adaptación actualmente en marcha, adxudicadas a Construccións Orega S.L., que teñen por obxectivo ampliar e remodelar á unidade de radiodiagnóstico, para instalar o novo equipo, asi como reordenar espazos, fluxos e circulación de pacientes, mellorando seu acceso interno e desde o exterior do hospital.
Pola súa parte, a nova resonancia (RMN) é un equipo Philips Ingenia de 1.5 teslas CX, adquirido polo Servizo Galego de Saúde mediante o Contrato Socio-Tecnolóxico, o que supón un investimento de 833.104,23€ que permitirá reducir o tempo de inmobilización do paciente, para realizar o estudo, así como acceder a unha imaxe de alta resolución, mediante un proceso totalmente dixitalizado, de captación e transferencia da imaxe por banda ancha, plenamente integrado na historia clínica electrónica do Sergas.

Novas técnicas diagnósticas


O novo equipo de alta tecnoloxía conta con bobinas dixitais que abarcan tódalas aplicacións clínicas avanzadas, garantindo máxima calidade de imaxe. A principal vantaxe do novo equipo é que permitirá acceder a novas técnicas diagnósticas, xa que dispón de bobinas específicas para a realización de estudos de cabeza, neurovasculares, de columna completa, cabeza-cuello-columna; pulso-cóbado; torso, ombro ou xeonllo e mama. Esta última é especialmente salientable, xa que permitirá realizar directamente en Ourense estudos bilaterais de mama por RMN.

Este novo equipamento avanzado, ata agora so dispoñibles en hospitais oncolóxicos ou de referencia, permitirá aos profesionais da Unidade de Mama de Ourense, acceder a novas técnicas diagnósticas, como as biopsias de mama guiadas por resonancia magnética.

Obras para ampliar espazo e accesibilidade


Unha vez rematadas as obras para acoller a nova sala de resonancia, a unidade contará con 540,90 metros cadrados, duplicando o espazo dispoñible ata agora. Contará con dous puntos de acceso interno e externo, ademais dunha nova área de recepción e espera, que contará con acceso directo a zona de aseos para pacientes ambulatorios.
Ademais, a reforma permitirá contar con acceso directo ás cabinas, desde a sala de espera, limitando ao mínimo as circulación de pacientes ingresados, e ampliar as áreas de preparación de pacientes e acceso con camas, para ingresados. Xunto a elo a sala de informes resituarase no centro da unidade, facilitando os acceso dos profesionais ás dúas salas de resonancia. Os traballos tamén permitirán dotar con luz natural os espazos, mediante a cobertura dun patio interior que terá nova utilidade.

Con la tecnología de Blogger.