Remata xuño con 3.162.162 parados rexistrados, a cifra máis baixa desde decembro de 2008



O Servizo Público de Emprego Estatal difunde hoxe os datos oficiais do paro rexistrado correspondentes ao mes de xuño de 2018.

Son os seguintes:

Ourense:

Baixa o paro rexistrado en xuño en relación co mes anterior en - 430 persoas, un -  2,17 %.

A nivel interanual, isto é, con respecto a xuño do ano pasado, 2.370 persoas saíron en Ourense das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 10,90 %. 

O numero de parados queda fixado en 19.375, deles 8.178 son homes e 11.197 mulleres, 18.349 son maiores de 25 anos e 1.026 menores.

Por sectores, 986 son da agricultura, 2.356 da industria, 1.713 da construción, 12.342 nos servizos e 1.978 do colectivo sen emprego anterior. 

Galicia:

O paro rexistrado de Galicia baixou en xuño en 6.631 persoas con respecto a maio (un – 3,75 %)

O número de parados queda en 170.065, deles 71.805 son homes e 98.260 mulleres, 162.294 son maiores de 25 anos e 7.771 menores.


O descenso no paro supón o maior producido desde 1999 e con estes datos encadéanse 5 anos consecutivos nos que o paro baixa nun mes de xuño. Ademais, a Comunidade autónoma xa leva catros anos e medio nos que o desemprego descende de xeito consecutivo.
A Comunidade galega, ademais, conta no primeiro semestre deste ano con 15.000 desempregados menos, polo que, de manterse esta tendencia, superarase o obxectivo fixado polo Goberno galego na Axenda 20: reducir o paro en 20.000 persoas ao ano.
A calidade no emprego tamén continúa mellorando. No último ano a contratación indefinida medrou un 14,80% fronte a un descenso na temporal. A tempo completo tamén subiu, un 2%, fronte a unha caída da contratación a tempo parcial. En xeral, as contratacións en Galicia aumentan mentres que na media do Estado caen.
O desemprego, así mesmo, descendeu nas principais variables neste último ano: caeu nas catro provincias e nas sete grandes cidades; en todos os sectores de actividade; nos menores de 30 anos (-12,34%); nas mulleres (-7,93%); e nos parados de longa duración (-8,17%), polo que 2 de cada 5 desempregados que saíron do paro nos últimos 12 meses pertencían a este colectivo.

Con respecto aos sectores, liderou o descenso a construción (-20,57%), seguido da agricultura e pesca (-12,77%) e da industria (-12,71%). En canto ás provincias, onde máis baixou foi na de Lugo (-12,61%) seguida de Pontevedra (-11,81%), de Ourense (-10,90%) e da Coruña (-8,11%).
A nivel interanual, isto é, con respecto a xuño do ano pasado, 19.600 persoas saíron das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 10,33 %. 

España:

O número de parados rexistrados nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego baixou en xuño en 89.968 persoas en relación co mes anterior. En termos  desestacionalizados o paro descendeu en 15.865 persoas.

Respecto de xuño de 2017 o paro reduciuse 200.649 persoas, o que sitúa o seu nivel de redución interanual no 5,97%.

Así, a cifra total de parados rexistrados é de 3.162.162, a máis baixa desde decembro de 2008. Iso supón que desde máximos rexistrados en febreiro de 2013, o paro reduciuse en 1.960.060 persoas, pero este descenso segue sendo ao redor de sete puntos por baixo de niveis  precrisis.O desemprego masculino sitúase en 1.295.352 persoas, ao baixar en 51.788, e o feminino en 1.866.810, ao reducirse en 38.180 persoas respecto ao mes de maio. Se o comparamos con xuño de 2017, o desemprego masculino baixa en 128.382 persoas e o feminino descende en 72.267.

O paro rexistrado ha baixado en todas  as comunidades autónomas, entre as que destacan: Cataluña (-15.376), Andalucía (-10.493) e a Comunidad de Madrid (-9.713).
Por sectores económicos de procedencia dos traballadores, o paro rexistrado reduciuse en catro: en Servizos 66.698, en Construción 9.407, en Industria en 9.123 e en colectivo de persoas sen emprego anterior en 7.313. Pola contra aumentou en Agricultura e Pesca en 2.573 persoas.

A contratación indefinida creceu un 16%  interanualmente

En xuño de 2018 rexistráronse 192.972 contratos de traballo de carácter indefinido, o que supón un incremento do 15,93%, 26.510 contratos máis sobre o mesmo mes do ano anterior. En canto a duración da xornada, 113.690 son a tempo completo e 79.282 a tempo parcial.

 O número total de contratos rexistrados durante o mes de xuño foi de 2.055.762,  representa  un descenso de 33.758 (-1,62%) sobre o mesmo mes do ano 2017.

 Pola súa banda, a contratación acumulada nos seis primeiros meses de 2018 ascendeu a 10.829.878, o que supón 289.420 contratos máis, un 2,75% que en igual período do ano anterior.

 Os contratos indefinidos do mes de xuño divídense, en canto á duración da súa xornada, en 113.690 a tempo completo e 79.282 a tempo parcial.

 En termos acumulados, os contratos indefinidos a tempo completo alcanzan nos seis primeiros meses un total de 666.788, un 16,54% máis que en igual período do ano 2017. E os contratos a tempo parcial supoñen un total de 456.621, un 16,28% máis en igual  período do ano anterior.


 O resto de contratos, ata completar o total de 2.055.762 do mes de xuño de 2018, son 15.974 de carácter formativo e 1.846.816 outro tipo de contratos temporais.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.


Con la tecnología de Blogger.