jueves, 19 de julio de 2018

Nas portas do XIX Congreso Nacional Extraordinario do Partido Popular


Un total de 85 persoas representarán desde mañá venres, día 20, ao Partido Popular de Ourense no XIX Congreso Nacional Extraordinario do Partido Popular que o PP celebra esta fin de semana en Madrid. 

Os compromisarios ourensáns formaremos parte dos 3.082 representantes de toda España que decidirán, logo dunha primeira volta, ao presidente nacional da formación

Xunto cos 72 compromisarios electos, que non chegaron ás urnas ao corresponder o número previsto nas xuntas locais co de candidatos, e mailo representante de Novas Xeracións, que si foi elixido en votación, a delegación ourensá está integrada por doce compromisarios máis de carácter nato.

Son o presidente provincial, Manuel Baltar; os deputados nacionais Miguel Ángel Viso, Ana Belén Vázquez e Celso Delgado; os senadores Avelino García, Francisco Fernández, Carmen Leyte e Juan Manuel Jiménez; o alcalde de Ourense e presidente da xunta local, Jesús Vázquez; o presidente do Parlamento e membro do comité executivo provincial, Miguel Santalices; unha representante ourensá de Novas Xeracións en Madrid, Diana Pérez; e a presidenta do Partido Popular en Panamá, a tamén ourensá Mariela Estévez.

“Esta fin de semana imos poñer os piares dunha nova etapa no PP, que aspira a voltar ao goberno da nación”, dixo o presidente provincial Manuel Baltar antes de partir cara a Madrid.

Salientar que nestes días foron moitos os compromisarios que expresaron públicamente o seu posicionamento de cara a elección da persoa chamada a presidir o Partido Popular.

Onte eu mesmo, por medio de tweeter publicaba a seguinte mensaxe: Mis compañeros @Sorayapp y @pablocasado_ son dos estupendos candidatos. Pero toca decidir y mi voto será para Pablo Casado pues creo que nuestro electorado presente y potencial demanda un revulsivo importante que reafirme nuestro liderazgo del espacio político de centro derecha.”

Unha mensaxe libre coa que quero expresar o meu decidido apoio á candidatura que encabeza Pablo casado, na convicción que a súa elección como Presidente sería o mellor para o Partido Popular.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta.