Asociación Española Contra o Cancro: vintecinco anos de traballo exemplar en Ourense


Asisto onte no Liceo Recreo  Ourensno á gala na que a Asociación Española Contra o Cancro (AECC) de Ourense  entregou galardoes AECC 2017, que veñen recoñecer o labor de persoas, empresas e entidades que se significaron ou apoiaron na loita contra esta enfermidade.

Os recoñecementos foron para Elizabeth Fernández Rodríguez e José Antonio Afonso Reis, un voluntarios de Padrenda que organizaron galas para recadar fondos para loitar contra o cancro infantil.

Tamén foi premiado o colectivo do  Espazo +60 de  Afundación, no que hai mulleres de ata 95 anos, que reciclan o que a xente xa non necesita  e logo nunha tenda solidaria véndeno e recadan fondos para a Asociación.

Outro Galardón na modalidade de empresas foi para o Diario La Región valorando o compromiso desinteresado coa asociación nestes 25 anos da súa presenza en Ourense.

Finalmente Inés Vázquez Veiga, delegada da AECC en Ourense, colaboradora en Ribadavia, recibiu o galardón honorífico que recoñece a súa incondicional entrega como voluntaria, despois de padecer ela mesma a enfermidade.

Lembrar que o pasado 23 de marzo fomos recibidos pola presidenta María Isadora Gómez e outros membros do colectivo.

Así coñecimos o traballo que realiza esta organización sen ánimo de lucro formada por pacientes, familiares, voluntarios, colaboradores e profesionais que desenvolve actividade en toda España, desde 1953 e que lidera o esforzo da sociedade española para diminuír o impacto causado polo cancro e mellorar a vida das persoas.

Traballan unidos para educar en saúde, apoiar e acompañar ás persoas enfermas e as súas familias, e financiar proxectos de investigación que permitirán un mellor diagnóstico e tratamento do cancro. Ofrecen ademáis servizos de apoio e acompañamento, orientación médica e psicolóxica.

Unha vez máis, parabéns a todos eles.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.
Con la tecnología de Blogger.