Falando sobre o presente e futuro das infraestruturas de Ourense



Esta tarde na sede ourensán do Partido Popular, defendein “o máis absoluto compromiso do Partido Popular coa mellora da mobilidade dos ourensáns”, que se está a demostrar cos investimentos en comunicacións, medio ambiente, sanidade e cultura, “froito dunha efectiva colaboración entre as administracións, con responsabilidade e pensando exclusivamente no interese dos cidadáns e non en siglas partidarias”. 

Así o manfestei no segundo foro organizado pola xunta local do PP e que nesta ocasión abordou o presente e futuro das infraestruturas en Ourense. 

Unha xuntanza presidida polo alcalde de Ourense, Jesús Vázquez e o secretario local Roberto Bermudez. Asistiron un bo número de afiliados e simpatizantes, así como tamen cargos con responsabilidades no partido.

Incidin nos beneficios que para os ourensáns supuxo a posta en marcha da liña de alta velocidade entre Santiago e Ourense a finais de 2011, así como as comunicacións coa meseta por medio dun maior número de servizos dos trens Alvia e os notables aumentos no número de usuarios.

Neste sentido destaquei que a estación de Ourense no ano 2017 foi utilizada por un total de 858.481 viaxeiros, “e o enorme éxito que están tendo os servizos Avant no corredor Ourense-Santiago-A Coruña”, prognosticando que o número de viaxeiros entre Galicia e Madrid crecerá exponencialmente coa posta en marcha do novo treito entre Zamora e Pedralba de la Pradería que acurtará a viaxe en 35 minutos, e moito máis cando a liña chegue definitivamente a Ourense.

Lembrei os 757 millóns de euros consignados nos orzamentos do Estado para 2018 no corredor ferroviario do noroeste e, máis en concreto, dos 668 millóns para o tramo Olmedo-Lubián-Ourense-Vigo, citando ademais o tramo entre Pedralba e Taboadela, o ramal provisional e a evolución da variante exterior. 

Tamén falei do estado das actuacións que estan proxectadas nas diferentes fases da estación Ourense Empalme: en andenes e praia de vías, na estación de autobuses, no aparcadoiro soterrado, no proxecto de Norman Foster, etc.

En materia viaria falei en primeiro lugar da importancia para a cidade da circunvalación norte no treito Eirasvedras-Quintela, do que dixen “agardar que o proxecto sexa aprobado no mes de xuño para que podan licitarse as obras no presente ano”.

Falei tamén doutras estradas da provincia, como a circunvalación do Barco de Valdeorras, as autovías entre Ourense e Lugo e entre Ourense e Ponferrada.

Referinme tamén á importancia da conexión da A-52 co polígono de San Cibrao “cuxas obras comezarán previsiblemente no verán” e doutras actuacións en Seixalbo, Coles ou na Avenida Otero Pedrayo da capital, subliñando que todos estes proxectos seguen “con maiúsculas” na axenda dos gobernos do Partido Popular.

Adiquei tempo a falar das actuacións en saneamento e depuración de augas, como a nova EDAR de Ourense que entrou en funcionamento o pasado ano, así como os importantes investimentos da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil no sanemento de depuración do río Barbaña, desde San Cibrao, ademais das actuacións en Velle e nas marxes do Miño.

Puxen en valor os destacados investimentos do Ministerio de Cultura en infraestruturas como a Biblioteca Pública, pronta xa á súa apertura, así como no Arquivo e no Museo Arqueolóxico.

O novo bloque hospitalario de Ourense e os novos centros de saúde como o do Couto ou Barbadás, ademais de dotacións comerciais como a completa rehabilitación da praza de abastos de Ourense, ou a pista hidráulica de atletismo tamén foron obxecto de comentario pola miña parte.

Concluín desatacando o compromiso dos gobernos do PP coa mellora da mobilidade dos ourensáns, e tamén os traballos feitos polos gobernos socialistas cando ocuparon responsabilidades.

Rotundamente dixen que "as obras públicas fanse cos cartos do Estado, obtidos dos contribuintes e por iso, o importante é facer, en non tanto quen o fai"

Para elo dixen, e decisiva “unha efectiva e leal colaboración entre as administracións  pensando exclusivamente no interese dos cidadáns e non en siglas partidarias”.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.


Con la tecnología de Blogger.