En xaneiro, un mal mes para o emprego, o paro rexistrado aumentou en 63.747 persoas


Esta mañá coñecemos os datos de paro rexistrado nas Oficinas dos Servizos Públicos de Emprego, correspondentes a xaneiro de 2018. Estos son os datos:


OURENSE:


Medra o paro rexistrado en xaneiro en relación co mes anterior en 455 persoas,
un 2,28 %. No mesmo mes de 2017, o paro tiña medrado en 786 (3,46 %). Polo tanto o crecemento do paro, algo habitual en xaneiro, modérase.

A nivel interanual, isto é, con respecto a xaneiro do ano pasado, 3.121 persoas saíron en Ourense das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 13,28 %.

O número de parados queda en 20.385, deles 9.035 son homes e 11.350 mulleres, 19.299 son maiores de 25 anos e 1.086 menores.


Por sectores: 1.089 son da agricultura, 2.546 da industria, 1.984 da construción, 12.839  dos servizos e 1.927 do colectivo sen emprego anterior.


GALICIA:


Medra o paro rexistrado en xaneiro en relación co mes anterior en 4.873 persoas, un 2,63 %. No mesmo mes de 2017, o paro tiña medrado en 6.164 (2,99 %).

O número de parados queda en 189.886 persoas. A nivel interanual, isto é, con respecto a xaneiro do ano pasado, 22.192 persoas saíron en Galicia das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 10,46 %.

É a  maior caída do desemprego na evolución anual de toda a serie histórica (desde 1996). As cifras sitúan a Galicia en niveis de hai 9 anos e, ademais, 1 de cada 3 parados abandonaron as listas do desemprego nos últimos 5 anos. 

Con respecto ao Estado, Galicia é a terceira comunidade na que máis descendeu o desemprego, mantendo un diferencial con España superior en case tres puntos.
Non só se reduciu o paro, senón que tamén se creou máis emprego e de calidade. 
Con respecto á estabilidade laboral, rexistráronse máis contratos indefinidos e a tempo completo tanto na evolución anual como con respecto ao mes pasado e cun ritmo de incremento maior que o do Estado. De feito en comparación con decembro de 2017, a contratación indefinida medrou en Galicia nun 41,86%, cuadriplicando o ritmo de subida da contratación temporal, e superando en case 10 puntos o aumento rexistrado no Estado (+31,96%). 
Ademais, con respecto ao mes anterior, a contratación temporal e a tempo parcial diminuíu, un síntoma de que, demostra que o mercado de traballo galego segue recuperándose. En xeral, a contratación creceu na evolución anual nun 14,85%, rexistrando un maior incremento que o producido en España, que se situou no 7,12%.
O paro tamén baixou na evolución anual en todos os sectores, liderando o descenso a construción (-22,24%), seguido da agricultura e pesca (-13,81%), da industria (-13,52%) e dos servizos (-8,18%). Caeu, ademais, nos colectivos con máis dificultades para atopar un emprego e prioritarios na Xunta como son os menores de 30 anos (-10,80%); as mulleres (-7,58%); e os parados de longa duración (-10,49%), cuxa redución significa que a metade dos desempregados que saíron do paro no último ano pertencían a este colectivo. 
Tamén descendeu o desemprego nas sete grandes cidades e nas catro provincias (Lugo: -13,80%; Ourense: -13,28%; Pontevedra: -10,79%; e A Coruña: -8,46%).
España

O número de parados rexistrados nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego subiu en xaneiro en 63.747 persoas en relación co mes anterior. No últimos oito anos o incremento rexistrado máis ou menos foi de 108.866 persoas.

En termos desestacionalizados o paro baixou en 24.161 persoas. Respecto de xaneiro de 2017 o paro reduciuse en 283.703 persoas, e o ritmo de redución interanual sitúase no 7,54%.

Desta forma, a cifra total de parados rexistrados sitúase en 3.476.528, e mantense no seu nivel máis baixo dos últimos 8 anos.

Durante os últimos 12 meses, o paro reduciuse entre os mozos en 28.810 persoas, a un ritmo do 9,7%, máis de dous puntos por encima da taxa de redución global.

O paro rexistrado diminúe en 2 comunidades autónomas: Illes Balears (-650) e Canarias (-386). Sobe, en cambio, nos 15 restantes, e faio principalmente en Madrid (11.766), Andalucía 11.130) e a Comunidade Valenciana (9.134).

Por sectores económicos de procedencia dos traballadores, o paro rexistrado redúcese en Construción en (5.154) e no colectivo Sen Emprego Anterior en 6.759. Pola contra increméntase en Industria (775), en Agricultura (2.417), e en Servizos (72.468).

A contratación indefinida a tempo completo aumenta máis do 16%


O número de contratos rexistrados durante o mes de xaneiro foi 1.749.911, o que representa unha subida de 116.319 (7,12%) sobre o mesmo mes de 2017. É a cifra máis alta de contratacións rexistrada nun mes de xaneiro de toda a serie histórica.

 En canto á contratación indefinida no mes de xaneiro rexistráronse 172.953 contratos desta modalidade, o que supón un incremento de 22.791 (15,18%) sobre igual mes do ano 2017. A contratación indefinida representa case o 9,9 de todos os contratos.

Destaca a contratación indefinida a tempo completo, que rexistrou unha subida do 16,25% respecto ao mes de xaneiro de 2017, máis do dobre do incremento da contratación temporal, que foi de 6,3%. A contratación indefinida entre os menores de 25 anos creceu ao 20,9% en xaneiro de 2018, comparado co ano anterior.

 A contratación estable encadea xa 48 meses de aumento ininterrompido, é dicir, catro anos consecutivos de incremento continuado, o seu período máis longo acumulado da serie histórica.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.