Melloras na Estación de Cabeza de Manzaneda a única de montaña e esquí de Galicia

Salientar como unha moi boa nova os avances no proxecto de innivación artificial que se está a levar a cabo na Estación de Montaña de Cabeza de Manzaneda

Hoxe foron comprobados polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro acompañados polo director de Oca Nova Manzaneda, Gustavo Sanmartín.

Asistiron á posta en funcionamento dos primeiros canóns de innovación, tecnoloxía aplicada á produción de neve que é consecuencia da aposta pola modernización de equipamentos realizada polo Consello de Administración da sociedade titular desta estación, Manzaneda Estación de Inverno SA (MEISA), na que a Xunta de Galicia e a Deputación forman parte do accionariado

O obxectivo desta actuación é asegurar as condicións de neve a finais de decembro e alongar a tempada ata abril, nunha estación que, a día de hoxe, conta cun volume de esquiadores que supera os 28.000 ao ano, cifra que se prevé incrementar con esta medida. Para acadalo, estase a traballar na posta en marcha deste sistema de xeración artificial de neve que fortalecerá o papel desta estación como un dos maiores recursos de Galicia no eido do turismo activo durante todo o ano, afondando así no obxectivo de desestacionalización que persegue o modelo turístico galego, con propostas atractivas tamén fóra de tempada alta.
Unha vez rematado o proceso de instalación dos innivadores, permitirán incrementar a presenza de neve nas súas pistas centrais, así como na zona de debutantes, para que diminúa a dependencia da precipitación natural. Tamén farán posible mellorar a calidade de neve e mesmo aumentar a oferta nesta estación, con actividades como o esquí nocturno.
Suporá a posta en valor deste complexo que conta, ademais, con instalacións para a práctica doutras disciplinas deportivas, zona infantil de xogos, zona multideporte para nenos, rocódromo, tiro con arco e mesmo paint ball.
O presidente do goberno provincial considerou que o sistema de innivación “suporá un antes e un despois na estación de montaña de Cabeza de Manzaneda, unha infraestrutura deportiva na que se traballa tamén pola desestacionalización para diversificar a súa oferta de ocio e natureza, ademais de nos meses de inverno, ao longo de todo o ano”. Baltar considera que a “firme aposta da Deputación de Ourense, da man da Xunta de Galicia, por modernizar esta infraestrutura, singular no noroeste da Península Ibérica contribuirá a atraer maior competitividade para Manzaneda, Trives e toda esta contorna da provincia, favorecendo un tipo de turismo de calidade ao redor da natureza e o deporte”.

Destacar que a  Estación de Manzaneda é a única estación de montaña e esquí de Galicia e constitúe un recurso con enorme potencialidade que está contribuíndo a afianzar o posicionamento de Galicia como destino turístico diferencial.
Impulsarase o seu papel fóra de tempada alta, un dos obxectivos marcados na Estratexia do turismo de Galicia 2020, o documento consensuado co sector que fixa as liñas de traballo cara ao Xacobeo 2021 e que consolida o papel de Galicia como destino atractivo, de calidade, responsable e comprometido.


http://ocahotels.com/hoteles/espana/ourense/pobra-de-trives/oca-manzaneda/#


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.