jueves, 11 de enero de 2018


Hoxe coñecemos que a Asociación Internacional do Transporte Aéreo (IATA) escolleu a Madrid como sede do seu novo centro de operacións global, desde onde xa xestionaba a rexión europea e que pasará a xestionar tamén as rexións de América do Norte, América Latina, África, Oriente Medio, e parte de Asia.

Desde a capital española, IATA xestionará as operacións das 280 liñas aéreas pertencentes á Asociación, representativas do 83% do tráfico mundial, cuxo volume en venda de billetes aéreos supón aproximadamente 150.000 millóns de dólares (125.549 millóns de euros).

Estes 330 empregados sumaranse aos 160 que xa traballan na oficina de IATA de Madrid desde a súa elección como sede rexional para Europa, que a partir de agora terá un alcance mundial.
A decisión ten un indubidable impacto económico xa que desde a sede de IATA traballarán 330 empregados de 60 nacionalidades que se encargarán de xestionar os billetes de avión e as relacións cos 50.000 axentes de viaxes e de carga para América, Europa, África, Oriente Próximo e Asia Central.
O ministro Íñigo de la Serna sinalou que "A decisión de IATA de elixir Madrid como a súa sede é unha excelente noticia para España. Sen dúbida, responde ao importante esforzo investidor por parte do noso país e ao seu liderado turístico, tras pechar 2017 con 82 millóns de turistas, situándose, así, como segundo destino turístico internacional”

Desde logo é unha excelente noticia para o noso País e que ten que ver con factores como que España termine 2017 como segundo destino turístico mundial e que os aeroportos da Rede de Aena pechasen 2017 cun récord histórico de 249,2 millóns de pasaxeiros, excedendo nun 8,2% o tráfico de viaxeiros con respecto ao ano anterior.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta