Fomentar conxuntamente o uso do tren como medio de transporte e a promoción de Ourense como destino termal

Onte presenciei en Fitur ao acto de firma da prórroga do acordo de colaboración, subscrito polo ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, o presidente de Renfe, Juan Alfaro, e o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, para fomentar conxuntamente o uso do tren como medio de transporte e a promoción da provincia como destino termal, dado o bo resultado cultivado nas edicións precedentes. 
O convenio, que estará vixente ata o 31 de decembro de 2018, pretende apostar un ano máis pola colaboración entre ambas as institucións que veñen traballando de forma conxunta para promocionar a cidade de Ourense como destino termal. 
Na presente prórroga contémplase asegurar o traslado dos visitantes desde a estación de tren de Ourense ao Balneario correspondente, así como promocionar o ferrocarril como medio de transporte na actividade de Termalismo Saudable e Cultura Termal “Ourense, A Provincia Termal” e informar aos interesados dos descontos ofrecidos por Renfe. 
Os usuarios poderanse acoller este ano de novo aos descontos que se manteñen por parte de Renfe e que desexen gozar da cultura saudable desta forma de viaxar. Renfe Viaxeiros ofrece unha tarifa especial chamada “Ourense Termal” que consiste en descontos do 50% nos billetes dos trens de Longa Distancia que chegan a Ourense.
Celebro a prórroga deste convenio de colaboración de Termalismo Social  que ten como obxectivo ofertar servizos de saúde, benestar e envellecemento activo a través do termalismo social baseado nas propiedades terapéuticas das augas mineiro-medicinais, nos servizos médicos asociados e nas actividades socio-culturais que se prestan nas instalacións termais da provincia de Ourense.
Este acordo posibilita que os interesados neste programa se poidan achegar á provincia de Ourense desde máis de 40 estacións de ferrocarril de toda España, xa que o billete de tren está contemplado no propio programa. Este é o primeiro ano que as estancias –de 6 días, tren incluído- comezan este mes de xaneiro e durarán ata decembro deste ano.


Pódese obter máis información en http://www.termalismourense.com/tren-balnearios.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta


Con la tecnología de Blogger.