No acto conmemorativo do 39 aniversario da Constitución

Participo hoxe pola mańa no Auditorio de Ourense no acto conmemorativo do XXXIX aniversario da Carta Magna e do 34º Concurso da Constitución, que premiou debuxos e redaccións de alumnos de Educación Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato e FP de centros escolares da provincia de Ourense. Nesta ocasión baixo o lema: “A organización territorial do Estado”
O acto, foi presidido polo subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, e contou tamén coa presenza do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, do presidente da Deputación, Manuel Baltar, de membros do Congreso, o Senado, do Parlamento galego e deputados provinciais, ademais doutras institucións locais, xunto con representantes dos ámbitos social, da xudicatura, relixioso, empresarial e da cultura.


Aparte dos premios escolares, no acto entregáronse recoñecementos a:
Asociación de familiares de enfermos de Alzhéimer “Afaor”, polo seu labor social e asistencial, e ao Instituto Calasancio Hijas de la Divina Pastora, en homenaxe ao padre Faustino Míguez, recentemente canonizado no Vaticano. Asemade, os mandos da Garda Civil, os tenentes coroneis Jesús Gómez e Orentino Varela, recibiron un recoñecemento polo seu labor, e tamén se entregou a Medalla ao Mérito Civil ao comisario da Policía Nacional en Ourense.



O subdelegado do Goberno, Roberto Castro, nun excelente discurso falou da conservación do noso medio natural e o seu coidado, tras a barbarie e o sinsentido que ocorreu a mediados do mes de outubro en Ourense e Galicia.


Fixo unha chamada a reflexionar, porque “ non é admisible que perdamos impunemente, cada ano, miles de hectáreas calcinadas pola acción de mans irresponsables –cando non presuntamente asasinas- e vexamos como os nosos compatriotas perden a vida e as súas pertenzas, como ocorreu este ano 2017”.


Lembrou que " Todas as árbores son fermosas, e amosan os pasos que noutrora foron camiño, e rubrican a memoria senlleira dos nosos devanceiros. O Souto de Rozabales  en Manzaneda;  o Teixedal de Casaio en Carballeda de Valdeorras;  o Bidueiral de Xares en A Veiga; os Tileiros prateados da igrexa de San Domingos en Ribadavia e os do Mosteiro de Oseira en San Cristovo de Cea; a Aciñeira de Covas en Rubiá e o Castiñeiro do Prado da Ponte de A Mezquita, que foi primeiro pai, máis tarde mestre e sempre valedor e conselleiro"

Dixo que "Ourense e Galicia contan cun patrimonio natural diverso e prezado. Unha dote que acada unha rendibilidade máis alta dentro da riqueza orixinaria e inherente dese bosque heteroxéneo chamado España. Somos parte do arborado e da foresta deste gran país que desexa seguir a medrar, trala harmonía do diálogo e a frondosidade da palabra. En verbas de Antonio Tajani, Presidente do Parlamento Europeo, na recollida do Premio Princesa de Asturias da Concordia, o pasado 20 de outubro no teatro Campoamor de Oviedo
"

Tamén referiu que "un chamamento á concordia,  á convivencia e á unidade entre todos e de todos, foi a mensaxe dos traballos dos escolares da provincia que participaron na Edición número 34 do Concurso sobre a Constitución. O resultado, un ano máis, unha morea de documentos paradigmáticos sobre o valor do  entendemento e da tolerancia. Un caudal de sentenzas sobre o verdadeiro compromiso das persoas que cohabitan nun territorio, coa legalidade e o cumprimento do ordenamento xurídico  como referentes".

Destacar finalmente a actuación da Banda xuvenil da escola municipal de música de Celanova que se encargou de abrir e pechar o acto coa interpretación do himno galego e español.

Parabéns ao personal da subdelegación do Goberno en Ourense que organizou perfectamente o acto.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.