Participo hoxe na 41ª edición da carreira popular de San Martiño.
Máis de dez mil corredores, moitos deles chegados dende diferentes puntos de Galicia e incluso doutras Comunidades Autónomas.
Os que corríamos a proba absoluta, tomamos as saída ás 11 da mañá dende a Ponte do Milenio, percorrendo polas rúas de Ourense os 10 quilómetros, nunha mañá que amencía con néboa, fría pero seca. Máis tarde chegou o sol.
Deu o pistoletazo de saída Alejandro Blanco, o ourensán que preside o Comite Olímpico Español, que estivo acompañado polo alcalde, Jesús Vázquez, e a secretaria xeral para ou Deporte, Marta Míguez.
A proba foi gañada polo atleta local Alejandro Fernández tras cruzar a liña de meta aos 30 minutos e 42 segundos. E só 3 segundos despois facíao Alejo Ares Prada do Club Adas de O Barco de Valdeorras.
En categoría feminina, a vencedora foi Marta Casanova con con 34 minutos e 47 segundos. Quen escribe, cumpriu as súas expectativas e finalicei nos meus tempos habituais.
Despois da carreira abosuluta chegou a escolar de 4,7 quilómetros. E os últimos en correr foron os máis cativos acompañados na maioría dos casos polos seus pais, sobre unha superficie de 1,7 quilómetros.
Parabéns aos organizadores.
Despois da carreira abosuluta chegou a escolar de 4,7 quilómetros. E os últimos en correr foron os máis cativos acompañados na maioría dos casos polos seus pais, sobre unha superficie de 1,7 quilómetros.
Parabéns aos organizadores.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta