No faladoiro de Radio Voz


Interveño esta mañá no programa Voces de Galicia de Radio Voz que modera Eva Millán, nun faladoiro no que participou tamén Pablo Mosquera.

O tema principal foi o discurso de onte do Rey Felipe V,. Expresei a miña coincidencia co seu contendido e coa súa forma e as reflexións sobre que determinadas autoridades de Cataluña, dunha maneira reiterada, consciente e deliberada, viñeron incumprindo a Constitución e o seu Estatuto de Autonomía, que é a Lei que recoñece, protexe e ampara as súas institucións históricas e o seu autogoberno.

E mostrei a miña coincidencia en que ante esta situación de extrema gravidade,  require o firme compromiso de todos cos intereses xerais, é responsabilidade dos lexítimos poderes do Estado, xudicial, executivo e lexislativo, asegurar a orde constitucional e o normal funcionamento das institucións, a vixencia do Estado de Dereito e o autogoberno de Cataluña, baseado na Constitución e no seu Estatuto de Autonomía.

Destaquei a mensaxe aos cataláns de que non están sós, nin o estarán; que teñen todo o apoio e a solidariedade do resto dos españois, e a garantía absoluta do noso Estado de Dereito na defensa da súa liberdade e dos seus dereitos.

E finalmente resaltei o firme compromiso da Coroa coa Constitución e coa democracia, e a entrega ao entendemento e a concordia entre españois.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.