O obxectivo do proxecto que executará o Ministerio, a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), mellorará o réxime fluvial natural ante eventualidades que mingüen a capacidade de desaugadoiro como consecuencia da acumulación de árbores caídas -mortas ou decrépitas-, ramas baixas, etc, que provocan zonas de tapóns e represas vexetais, o que dificulta a circulación das augas e provoca arrastres de orixe vexetal e antrópico.
Tamén están previstas actuacións de defensa de marxes contra avenidas coa reparación, reconstrución e estabilización dos taludes e diques máis debilitados, ademais das limpezas e rozas selectivas que complementen as actuacións descritas.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta