jueves, 5 de octubre de 2017

Licitada a construción do ramal que conectará a liña de alta velocidade en Taboadela co trazado actual para acceder de xeito provisional a Ourense

Informa ADIF ALTA VELOCIDADE que a execución das obras de construción da Liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia continúa o seu desenvolvemento coa publicación hoxe no BOE da licitación da construción do ramal que conectará a liña de alta velocidade en Taboadela co trazado actual para acceder a Ourense.

Deste xeito, Adif Alta Velocidade cumpre cos seus compromisos e a planificación establecida e continúa avanzando nos trámites necesarios para facilitar que a alta velocidade chegue canto antes a Ourense, e acúrtense os tempos de viaxe desde Madrid e a meseta ata Galicia.

Este ramal, en cuxa construción se investirán 7,3 M€ (IVE incluído) permitirá a continuidade da conexión ferroviaria de alta velocidade entre a cidade de Ourense e a Meseta.

En relación a outras actuacións que afectan á mesma provincia, recentemente informouse publicamente a través do BOE do proxecto de remodelación da estación de Ourense que permitirá a chegada da Alta Velocidade á devandita cidade.

Todas estas obras teñen un prazo de execución que permitirá cumprir os compromisos para a chegada da alta velocidade a Galicia nos prazos previstos.

Doutra banda informa ADIF-AV que tras concluírse a redacción do proxecto construtivo, comezou a tramitación para licitar a obra da nova estación de Sanabria.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta