Creados 4 novos xulgados en Galicia, un deles, o de primeira instancia nº 7 de Ourense

Hoxe o Consello de Ministros aprobou un Real Decreto polo que se crean un total de 93 novos xulgados e prazas xudiciais co fin de adecuar a planta xudicial ás necesidades existentes e garantir aos cidadáns a efectiva protección dos seus dereitos.

A estas novas prazas hai que sumar as dezaseis de maxistrado que o Consello de Ministros aprobou o pasado mes de marzo para facer efectiva a segunda instancia penal, de maneira que a creación total para o ano 2017 ascende a un total de 109 unidades.

 Lógrase, así, unha resposta de carácter estrutural ás necesidades xeradas por unha maior carga de traballo en determinadas zonas do territorio nacional, do mesmo xeito que mellorar o tempo de resposta e reducir o número de asuntos pendentes en cada xulgado.

En relación coa distribución concreta dos órganos xudiciais de nova creación, establécense 46 Xulgados de Primeira Instancia, 21 de Primeira Instancia e Instrución, cinco do Penal, un do Contencioso-Administrativo, sete do Social, un de Vixilancia Penal e seis xulgados do Mercantil. Ademais, dótanse dúas prazas de maxistrado na Audiencia Provincial de Madrid para as seccións civís 22ª e 24ª, especializadas en materia de familia.

Catro destes novos xulgados créanse en Galicia: tres novos xulgados de primeira instancia, que corresponden ao número 6 de Ferrol, número 7 de Ourense e número 15 de Vigo; mentres que na Coruña haberá un novo xulgado do social, o número 6. 


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.