Onte de acordo á política de revisión e difusión das contas nacionais, o INE publicaba os principais resultados actualizados da Contabilidade Nacional Anual de España, base 2010, para os anos 2014-2016.
Difundiuse a primeira estimación avance da contabilidade anual para o ano 2016 e a revisión das estimacións para os anos 2014 e 2015.
O PIB español creceu en volume un 3,3% respecto de 2015 segundo a estimación avance para 2016 da Contabilidade Nacional Anual de España. Este crecemento foi lixeiramente superior ao adiantado pola Contabilidade Nacional Trimestral (CNTR) o pasado 2 de marzo (3,2%).
No que respecta á demanda externa, o crecemento en volume das exportacións respecto ao ano 2015 estímase no 4,8%, fronte ao 4,4% publicado en marzo, mentres que o das importacións cífrase nunha 2,7% fronte ao 3,3% previo.
O emprego en termos de postos de traballo equivalentes a tempo completo cífrase en 17,4 millóns o que supón un incremento do 3,0% respecto ao ano anterior.
Finalmente, da nova estimación dos fluxos de renda co Resto do Mundo obtense que a Renda Nacional Bruta de España ascende a 1.118.268 millóns de euros en 2016.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta