A economia española rexistra un crecemento trimestral do 0,9% no segundo trimestre de 2017

Hoxe foron publicados polo INE os datos de Contabilidade Nacional Trimestral PIB,  correspondente ao II Trimestre de 2017, e estes son os principais titulares:

- A economia española rexistra un crecemento trimestral do 0,9% no segundo trimestre de 2017. Esta taxa é unha décima superior á rexistrada no primeiro trimestre do ano.

- O crecemento respecto ao mesmo trimestre do ano anterior se situa no 3,1%, fronte ao 3,0% do trimestre precedente.

- As taxas de crecemento trimestral e anual coinciden coas publicadas na Estimación avance do PIB trimestral o pasado día 28 de xullo.

- A contribución da demanda nacional ao crecemento anual do PIB é de 2,4 puntos, unha décima superior á do primeiro trimestre (2,3 puntos). Pola súa banda, a demanda exterior presenta unha aportación de 0,7 puntos, rexistro similar ao do trimestre pasado.

- O emprego da economía, en términos  de postos de traballo equivalentes a tempo completo, rexistra unha variación trimestral do 0,9%, dous décimas superior á rexistrada no trimestre anterior.

- En términos anuais, o emprego aumenta a un ritmo do 2,8%, taxa tres décimas superior á do primeiro trimestre, o que supón un incremento de 480 mil postos de traballo equivalentes a tempo completo nun ano. Este comportamento xunto coa variación experimentada pola xornada media asociada, dan como resultado unha desaceleración n dunha décima  na taxa anual das horas efectivamente traballadas (do 1,8% ao 1,7%).

- A variación anual do custo laboral unitario se sitúa este trimestre no - 0,4%, sete décimas  por baixo do deflactor implícito do PIB (0,3%).

Fonte: INE


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.