No primeiro semestre de 2017 os tres aeroportos galegos moveron 2.267.341 millóns de pasaxeiros


Recibimos hoxe a noticia de que os aeroportos galegos  da rede de Aena rexistraron en xuño 452.927 pasaxeiros e que na primeira metade do ano o número de pasaxeiros chegou os 2.267.341 millóns,  incrementando en 168.030 a cifra do primeiro semestre do ano anterior.

O Aeroporto de Santiago rexistrou en xuño de 2017 un total de 245.935 pasaxeiros, un 9,2% máis que no mesmo mes do ano anterior. Do total de pasaxeiros de voos comerciais (245.330), 179.629 realizaron voos nacionais (+6,8%) e 65.701 internacionais (un 17,3% máis). 

En canto ao número de operacións, Lavacolla rexistrou un total de 1.975 voos en xuño de 2017. Desta cantidade, 1.797 corresponden a voos comerciais, 1.303 operados a destinos nacionais e 494 a internacionais. Ademais, a terminal de carga manexou durante o pasado mes máis de 257 toneladas de mercadoría, un 35,2% máis que en xuño de 2016.


No primeiro semestre do ano, un total de 1.237.994 pasaxeiros pasaron pola terminal de Lavacolla, un 6,8% máis. Ademais, 10.269 aeronaves operaron na pista compostelá e o seu terminal de carga moveu máis de 1.200 toneladas de mercadorías neste período.


O Aeroporto de Vigo rexistrou 102.087 pasaxeiros en xuño de 2017, un 14,6% máis con respecto ao mesmo mes de 2016, dos que 101.854 fixérono en voos comerciais. Deles, 86.361 fixéronos en traxectos nacionais e 15.493 en traxectos internacionais. 

En canto ás operacións, en Peinador rexistráronse ao longo do mes de xuño 1.133 voos, un 11,3% con respecto ao mesmo mes do ano anterior, dos cales 899 foron voos comerciais. Destes, 718 movementos foron operacións nacionais e 181 internacionais. Pola terminal de carga do aeroporto pasaron, durante o pasado mes, preto de 40 toneladas de mercadoría, o que representa un crecemento do 71,9%.

En total no primeiro semestre do ano, 484.225 pasaxeiros usaron a terminal viguesa, un 9,9% máis que no mesmo período de 2016. Un total de 5.696 aeronaves operaron no Aeroporto de Vigo e a terminal de carga moveu máis de 246 toneladas de carga neste período.

O Aeroporto de A Coruña rexistrou en xuño de 2017 un total de 104.905 pasaxeiros, un 6,1% máis que no mesmo mes do ano anterior. Destes viaxeiros, 104.039 utilizaron voos comerciais, dos que 93.623 son traxectos nacionais e 10.416 traxectos internacionais.

En canto ás operacións, en Alvedro rexistráronse 1.401 voos (un 3,2% máis que en xuño de 2016), dos cales 887 foron voos comerciais. Destes movementos, 754 corresponden a operacións nacionais e 133 a internacionais. O tráfico de mercadorías moveu na terminal coruñesa máis de 14 toneladas durante o sexto mes do ano.

En total no primeiro semestre do ano, 545.122 pasaxeiros usaron o Aeroporto da Coruña para realizar os seus desprazamentos (un 9,2% de crecemento con respecto ao mesmo período de 2016). Neste período, un total de 7.972 aeronaves operaron no aeroporto coruñés e o seu terminal de carga xestionou preto de 81 toneladas de mercadoría.

Salientar tamén que os aeroportos do conxunto da rede de Aena rexistraron en xuño preto de 24,5 millóns de pasaxeiros, cun incremento do 9,7%.  O movemento de aeronaves aumentou en xuño un 5,8% respecto ao mesmo mes de 2016 e o tráfico de mercadorías creceu un 15,5%.

O Aeroporto Adolfo Suárez Madrid-Barajas é o primeiro da rede por número de pasaxeiros con máis de 4,7 millóns (7,5%), seguido por Barcelona-El Prat con máis de 4,5 millóns (9,2%) 

Na primeira metade do ano o número de pasaxeiros superou os 113,3 millóns, un 9,1% máis, e o de operacións as 1.011.000, un 6,2% máis.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.