Lembranza das vítimas e feridos do accidente ferroviario de Angrois

Hoxe e o cuarto aniversario do tráxico accidente ferroviario de Angrois, e compre facer lembranza das vítimas mortais e dos feridos e das familias de todos eles.

Tamén procede lembrar aos veciños que acudiron a socorrer os  feridos; aos membros do 112 e do 061, os servizos  médicos, de protección civil, os bombeiros, das forzas de seguridade, os doantes de sangue, etc.

A data de hoxe continúa a tramitación xudicial no Xulgado de Instrución número 3 de Santiago de Compostela que continúa acordando e practicando variadas dilixencias de investigación tendentes a esclarecer extremos  expostos nas periciais e suxeridos pola Audiencia Provincial de A Coruña.

Estando en plena actividade as actuacións deste Xulgado, con participación de todas as partes personadas en lexítima defensa dos seus dereitos, considero que debemos deixar traballar á xustiza e confiar na súa independencia e imparcialidade e afastar mentres tanto este desgraciado sinistro da dinámica de confrontación política.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.