Por cuarto ano consecutivo o paro rexistrado diminúe en maio en máis de 110.000 persoas

O Servizo Público de Emprego Estatal difunde hoxe os datos oficiais do paro rexistrado correspondentes ao mes de maio de 2017.

Son os seguintes:

Ourense:

Baixa o paro rexistrado en maio en relación co mes anterior en -382 persoas, un -  1,66 %.

A nivel interanual, isto é, con respecto a maio do ano pasado, 2.424 persoas saíron en Ourense das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 9,69 %. 

O numero de parados queda en 22.585, deles 10.034 son homes e 12.551 mulleres, 21.287 son maiores de 25 anos e 1.298 menores.

Por sectores, 1.210 son da agricultura, 2.708 da industria, 2.266 da construción, 14.297 nos servizos e 2.104 do colectivo sen emprego anterior. 

Galicia:

O paro rexistrado de Galicia baixou en maio en 4.991 persoas con respecto a abril (un – 2,44 %) .

É a segunda maior baixada desde o inicio da crise económica nun mes de maio situando o paro a niveis inferiores aos de hai 8 anos (maio 2009) sendo xa máis de 3 anos e medio de baixadas consecutivas, desde novembro de 2013,e reducíndose por cuarto ano consecutivo o paro nun mes de maio.


Temos xa 84.248 parados menos que hai catro anos, (maio 2013). 

O número de parados queda en 199.638, deles 88.000 son homes e 111.638 mulleres, 189.716 son maiores de 25 anos e 9.922 menores.

Por sectores, 7.386 son da agricultura, 23.108 da industria, 20.460 da construción, 131.594 nos servizos e 17.090 do colectivo sen emprego anterior.

O paro baixa nas catro provincias galegas e nas sete grandes cidades, en todos os sectores, liderando o descenso a construción (-20,26%), seguido da industria(-12,61%) e da agricultura e pesca (-10,64%) e cae nos colectivos prioritarios da Xunta: menores de 30 anos (-12,56%), parados de longa duración (-10,61%) e mulleres (-7,22%).

A nivel interanual, isto é, con respecto a maio do ano pasado, 20.826 persoas saíron en Galicia das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 9,45 %. Unha redución que supera en 2,48 puntos a caída reflectida o ano pasado.

A calidade no emprego segue crecendo: a contratación en xeral sube nun 14,40%, asinándose 11.028 contratos máis que en maio do pasado ano. A indefinida aumenta nun 14,92%, superando en medio punto o reflectido na temporal(14,36%) e a contratación a tempo completo crece nun 17,12%, case cinco puntos máis que a contratación a tempo parcial (12,22%).

Estos positicos datos amosan que o paro leva baixando de xeito consecutivo desde principios de ano, o que supón unha boa progresión para cumprir o obxectivo marcado pola Xunta coa Axenda 20: a creación de entre 80.000 e 100.000 novos postos de traballo ata 2020


España:

O número de parados rexistrados nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego Estatal baixou en maio en 111.908 persoas en relación ao mes anterior.

No últimos oito anos o paro rexistrado había diminuído máis ou menos, neste mesmo mes, en 82.000 persoas.

Así, a cifra total de parados rexistrados no mes de maio sitúase en 3.461.128.

Por cuarto ano consecutivo o paro diminúe en maio en máis de 110.000 persoas.

En termos desestacionalizados o paro redúcese no mes de maio en 39.566 persoas. É a maior redución de toda a serie histórica nun mes de maio.

Nos 12 últimos meses, o paro diminuíu en 430.275 persoas, acelerando un mes máis o ritmo anual de redución que se sitúa no 11,06 %.

O desemprego dos mozos menores de 25 anos redúcese en maio en 12.057 persoas, (-4,30%) respecto ao mes anterior. Destaca na comparativa interanual a evolución do paro entre os mozos menores de 25 anos que diminuíu en 56.832 Desta forma o desemprego juvenilse reduce un 17,5% en termos interanuais, por encima da media
xeral do 11%.

Por sectores económicos de procedencia dos traballadores, o paro rexistrado baixa en todos os sectores. En Servizos diminúe en 70.994 (-2,94%), en Construción redúcese en 14.907 (-4,34%), en Agricultura baixa en 11.677 (-6,74%), en Industria baixa en 10.724 (-3,28%) e no colectivo de sen emprego anterior redúcese en 3.606 persoas (-1,15%).

En canto ás Comunidades Autónomas o paro rexistrado baixa nas 17, principalmente en Andalucía (-23.095), Cataluña (-16.261) e Madrid (-9.908). 

O número de contratos aumenta un 16%

O número de contratos rexistrados durante o mes de maio foi de 2.027.569.

Representa unha subida de 279.120 (15,96%) sobre o mesmo mes do ano pasado, e supón o maior número de contratacións de toda a serie histórica en calquera mes.

A contratación acumulada nos cinco primeiros meses do 2017 alcanzou  a cifra de 8.450.938, o que supón un incremento do 11,59%, 877.470 contratos máis.

En canto á contratación indefinida no mes de maio rexistráronse 167.267, que significa un aumento 21.507 (14,76%) sobre igual mes do exercicio anterior. Encadéanse así 40 meses de incremento da contratación estable.

En datos acumulados realizáronse 798.337 contratos indefinidos ata maio deste ano, o que supón un incremento de 91.010 (12,87%) sobre o mesmo período de 2016. Este incremento ascende ao 13,6% no caso dos contratos indefinidos a tempo completo.
Con la tecnología de Blogger.