Autorizada a convocatoria de concesión de axudas do 1,5% cultural por importe de 50,5 millóns



O venres 12 de maio o Consello de Ministros autorizou ao Ministerio de Fomento a convocatoria de concesión de axudas para actuacións de conservación ou enriquecemento do patrimonio histórico español con cargo ao programa do 1,5% Cultural, por un importe máximo de 50.520.823,21 euros. 

Destas axudas, está previsto que 25,68 millóns de euros abonaranse en exercicio 2018 e 24,83 millóns en 2019.

Lembremos que o Ministerio de Fomento, que xestiona de forma conxunta co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte os fondos que xera para este programa, elevou en 2014 a súa porcentaxe de achega do 1 ao 1,5% da obra pública que xestiona, e estableceu un novo procedemento de convocatoria de axudas en concorrencia competitiva.

Tendo en conta que a media de achega do Ministerio de Fomento é de dous terzos por proxecto, o terzo restante achégao o solicitante. Con este paquete de axudas preténdese mobilizar un investimento de 75 millóns de euros que dará lugar, aproximadamente, unhas cen actuacións repartidas polo territorio nacional.

Programa 1,5% Cultural:

O Ministerio de Fomento financia un gran número de actuacións de intervención no Patrimonio Histórico Español mediante a achega do 1,5% da contratación de obra pública xestionada polo propio Ministerio.

O programa do 1,5% Cultural é un dos instrumentos da Administración Xeral do Estado para responder o mandato constitucional polo que os poderes públicos deben garantir a conservación e promover o enriquecemento do patrimonio histórico, cultural e artístico dos pobos de España e dos bens que o integran.

Este programa compleméntase, no Ministerio de Fomento, co de Rehabilitación Arquitectónica, polo que o Departamento xestiona directamente actuacións relevantes relacionadas co patrimonio arquitectónico español.

Entre ambos os programas, o Ministerio prevé mobilizar, ao longo da Lexislatura, 350 millóns de euros no patrimonio arquitectónico.

Agardamos con interés a convocatoria por parte do Ministerio.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.