A presenza da Garda Real en Ourense

Hoxe na capital provincial pechou a Garda Real o exercicio "Ourense 2017" cun gran desfile pola rúa do Progreso.

As unidades do Grupo de Honras instaláronse  nesta semana no norte da provincia nas seguintes localidades: O Barco de Valdeorras (Compañía "Monteros de Espinosa"), Maceda (Compañía "Mar Océano"), O Carballiño (Escuadrilla "Plus ultra") e Luintra (Grupo de Alta Montaña e Grupo de Mergullo).

As unidades do Grupo de Escoltas co fin de cubrir o sur da provincia estableceron os seus postos de mando en Ribadavia (Compañía de "Reais Gardas Alabarderos"), Celanova (Compañía de Control Militar), Xinzo de Limia (Batería Real) e Verín (o Escuadrón de Escolta Real).Do mesmo xeito, a Agrupación de Apoio situouse en Viana do Bolo e Vilariño de Conso. 

Onte pola mañá no Concello de Ourense a Garda Real fixo unha ofrenda ao patrón da cidade, San Martiño, realizada polo coronel xefe da unidade en nome de todos os gardas reais para mostrar o seu agradecemento á gran acollida recibida na poboación.

E onte pola tarde, no Auditorio Municipal a Unidade de Música da Garda Real ofreceu un concerto cun programa no que non faltaron as coñecidas pezas "Ponteareas" nin "Follas novas". 

Durante o mesmo tamén se interpretaron, en colaboración coa Escola provincial da Real Banda de Gaitas de Ourense, algúns temas lendarios na historia musical galega como a "Alborada galega" e a "Muñeira de Chantada".  

Rematado este concerto no claustro de San Francisco, o Concello de Ourense ofreceu unha recepción aos militares. 


Jesús Vázquez agradeceu en nome da cidade a presenza da Guardia Real e
amosou a cercanía dos ourensáns as forzas armadas.

Á súa conclusión ambas as formacións musicais interpretaron, coas tradicionais gaitas galegas, o Himno de Galicia e a continuación o Himno de España.


Como dicía ao comezo, hoxe asisntín a unha Parada Militar con xura e de bandeira e desfile.

Un total de 180 cidadáns realizaron o xuramento ou a promesa ante a Bandeira de España bicando con posterioridade a insignia nacional custodiada pola unidade.

 O acto tivo lugar baixo a presidencia do xefe do Cuarto Militar da Casa da súa Maxestade o Rey, vicealmirante D. Juan Ruiz Casas quen estivo acompañado polo Presidente do Parlamento de Galicia D. Miguel Ángel Santalices Vieira e polo Alcalde de Ourense D. Jesús Vázquez Abad.




Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.