A cooperación Deputación-Concello de Ourense desbloqueará investimentos na Cidade

Recibo en Madrid  a boa nova de que hoxe tivo lugar unha reunión do Comité de cooperación permanente Deputación-Concello de Ourense na que o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez desbloquearon 25 proxectos do Plan de Investimentos da cidade, cun importe total de 10.272.950,77 euros.

Unha colaboración que permitirá afrontar, neste exercicio económico e tamén no vindeiro (2017-2018), a contratación e execución dos citados investimentos, todos eles solicitados por asociacións veciñais da cidade. O confinanciamento entre ambas administracións permite que este prazo se amplíe ao vindeiro ano, algo que ambos subliñaron como “clave” para poder sacar adiante estas obras, tendo en conta que sen ese confinanciamento todas as obras terían que estar adxudicadas e executadas durante 2017.

O presidente do goberno provincial destacou que a achega económica da Deputación de Ourense é “unha cifra pequena en comparación co montante global do plan de obras do Concello de Ourense, pero é unha cifra moi necesaria porque sen ese cofinanciamento non se podería executar ningunha das actuacións previstas no plan, que son moi destacadas e froito das demandas e da participación cidadá”.

O alcalde, Jesús Vázquez, lembrou que xa en 2015 se articulou este mecanismo de colaboración coa Deputación para poder executar o Plan de Obras herdado do anterior goberno municipal, “cando ninguén apostaba que puidésemos sacalo adiante, e aí están a rúa Concello ou a Pasarela do Barbaña, por citar algunhas das obras que conseguimos adiante gracias á Deputación, institución é que lle agradezo novamente o seu esforzo”. 

Celebrar este apoio da Deputación de Ourense que permitirá desbloquear a execución do Plan de Obras do Concello de Ourense.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.