Os PXE 2017 sitúan a Galicia como a segunda autonomía con maior investimento per capita do Ministerio de Fomento

Hoxe o ministro de Facenda e Función Pública, Cristóbal Montoro, entregou á presidenta do Congreso dos Deputados, Ana Pastor, o Proxecto de Lei de Orzamentos Xerais do Estado para 2017 (PXE), unhas contas cun significado compoñente social e enmarcadas nun contexto económico positivo para España, froito da política económica do Goberno.

O citado proxecto de Presupostos Xerais do Estado sitúa a Galicia como a segunda autonomía con maior investimento per capita do Ministerio de Fomento, cun gasto previsto de máis de 307 euros por habitante. En total, o esforzo presupostario do Ministerio de Fomento na nosa Comunidade chega a case 900 millóns de euros, cifra que supera en máis dun 53% o executado en Galicia durante o ano pasado, exercicio marcado polo bloqueo político.

O presuposto ascende a máis de 1.000 millóns ao complementarse cos 138 millóns de euros que se destinarán a actuacións extraorzamentarias que se executan a través das sociedades concesionarias das autoestradas, entre as que destacan as ampliacións da Ap-9 nos accesos a Vigo e Santiago.

Polo tanto, o Goberno de España mantén a vontade de corrixir a través dos investimentos consignados nos Presupostos, o déficit de infraestruturas en Galicia, así como de avanzar conforme as prioridades trasladadas pola Xunta.

O Ministerio de Fomento garante que, unha vez superadas as cuestións bloqueadas pola parálise política do ano pasado, neste ano se destinan as partidas necesarias avanzar na liña de alta velocidade entre Madrid e Galicia de acordo cos prazos comprometidos para a chegada do AVE no terceiro trimestre de 2019.

En concreto, a liña do AVE a Galicia (Zamora-Lubián-Ourense) recibe en total 749,6 millóns de euros, dos cales máis de 461 se corresponden con actuacións en territorio galego.

O investimento en ferrocarril en Galicia chega a 571 millóns de euros e sitúa a nosa Comunidade como a terceira con maiores partidas nesta materia, cun crecemento do 83% sobre o executado en 2016. Dese xeito, os Presupostos prevén avances como o impulso da liña ferroviaria entre Lugo e Ourense, cunha partida de 13,5 millóns de euros, partidas para as variantes de Ourense e Cerdedo e o impulso do estudo informativo do baypás de Betanzos para mellorar a liña entre A Coruña e Ferrol.

O proxecto de Presupostos Xerais do Estado prevé o investimento de máis de 10 millóns de euros no desenvolvemento das estacións intermodais nas que o Goberno central está a traballar coordinadamente coa Xunta e dos cales 3 se consignan para Vigo.

Ao mesmo tempo, impúlsanse as obras de conexión ferroviaria do Porto Exterior de Ferrol con máis de 24 millóns de euros.

O investimento previsto en estradas en Galicia sitúase case un 80% por riba da media das Comunidades Autónomas. A principal partida destínase para o avance das obras da Autovía de 56 millóns de euros a impulsar os tres treitos pendentes da Autovía Santiago-Lugo. En concreto, prevese o investimento de 20 millóns de euros para iniciar as obras entre Arzúa e Melide e entre Melide e Palas de Rei), así como outros 30 millóns para continuar o treito Lavacolla-Arzúa. Ademais, figuran 2,3 millóns de euros para licitar as obras do intercomunicador de Guntín.

Prevese licitar o primeiro treito da Variante Norte de Ourense, con 3,7 millóns de euros, e outros 10 millóns de euros para continuar co treito San Martiño-Barrela Norte da mesma autovía A-56.

En Pontevedra hai unha dotación importante para o desenvolvemento das obras da circunvalación de Pontevedra (A Ermida-Vilaboa con 15 M€) e para licitar o treito Eirasvedras-Quintela, con 3,7M€.

Ademais, os Presupostos recollen 7,5 millóns de euros para impulsar os novos enlaces da Ap-9 en Santiago de Compostela. Así, para as obras de conexión da Cidade da Cultura coa autoestrada, 9 recóllese unha partida de 2,5 millóns de euros e outros 5 millóns de euros para o Enlace Orbital.

Así mesmo, os Presupostos Xerais do Estado prevén destinar 2,5 millóns de euros para avanzar na ampliación da avenida de Alfonso Molina na Coruña.

Como partidas destacadas figuran tamén os 2,4M€ para execución do enlace Puzo-Lira na autovia Lugo-Ourense ou os 2,5 M€ para avanzar no treito Vigo-O Porriño

Na autovía entre San Cibrao e Foz, a autovía da Mariña,resérvase 1M€ para a licitación das obras do treito Barreiros-Foz e avanzar nos seguintes proxectos.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.