jueves, 20 de abril de 2017

No faladoiro de Radio Voz

Interveño hoxe no faladoiro de Radio Voz que dirixe Antía Díaz Leal e no que participou tamén Manuel Lago e María Luz Canal.

O tema central de debate foi a detención onte  do expresidente da Comunidad de Madrid Ignacio González, e dunha quincena de persoas vinculadas a unha trama de corrupción no "Canal de Isabel II".

Expresei a miña indignación e desgusto porque estes feitos, afecten a persoas que tiveron responsabilidades moi importantes na xestión da Comunidad de Madrid.

E tamén a miña confianza en que os Xulgados e Tribunais investiguen e depuren as posibles responsabilidades xudiciais e caian con forza sobre aqueles que puidesen cometer delitos prevaliéndose do seu cargo.

Puxen en valor a actitude da actual presidenta do PP e da Comunidad de Madrid, Cristina Cifuentes como actual que onte declarou como testemuña ante o xuíz e ratificouse na denuncia que persoalmente presentou meses atrás por este caso. Dixen que a súa colaboración e a de todo o PP coa Xustiza é innegable, e que a nosa posición é e debe seguir sendo a de colaboración e transparencia.


Tamén falamos das avaliacións de Primaria e de Secundaria para este curso 2016/17. Dixen que a Consellería de Educación xa ten preparado o proceso para a posta en marcha das mesmas, agardando a que o Ministerio publique no BOE a Orde que regulará estas probas, que previsiblemente en Galicia terán lugar a finais de maio; para o cal a Consellería tamén publicará nas vindeiras semanas as correspondentes instrucións.


Engadín que en Galicia, as avaliacións finais de 6º de Primaria e de 4º de ESO (esta é o primeiro curso que se fará) serán muestrais, é dicir, que se aplicarán naqueles centros que formen parte da mostra.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta