Adif AV realizará unha adecuación integral da liña para permitir que a alta velocidade chegue canto antes a Ourense e acúrtense os tempos de viaxe ata a meseta

Informa hoxe Adif Alta Velocidade por medio dunha nota de prensa que continúa avanzando nos trámites necesarios para facilitar que a alta velocidade chegue canto antes a Ourense e que así se acurten os tempos de viaxe desde Madrid e a meseta ata Galicia.

Neste sentido, hoxe se ha publica no Boletín Oficial do Estado (BOE) a apertura do proceso de información pública sobre a relación dos bens e dereitos afectados cuxa expropiación é necesaria para executar as obras de implantación do ancho de vía estándar (1.435 mm) entre Taboadela e Ourense.

Ademais destas obras, está previsto construír un cambiador de ancho en Taboadela, que inclúe a montaxe de vía no ramal de conexión da LAV Madrid-Galicia coa liña convencional. Este cambiador de ancho permitirá tamén a circulación de trens de ancho variable pola LAV Madrid-Galicia, de forma que a Estación de Ourense reciba trens de calquera ancho e siga funcionando como nó ferroviario distribuidor cara a todas as liñas de ferrocarril da Comunidade Autónoma de Galicia.

Estas actuacións son complementarias e permitirán a continuidade da conexión ferroviaria de alta velocidade entre a cidade de Ourense e a meseta mentres se tramita e constrúe a Variante Exterior de Ourense.

Vai executar unha adecuación integral da liña, cun investimento previsto que superará os 103 M€ (IVE incluído), dos cales, 28,1 M€ euros corresponden á  implantación do ancho de vía estándar e 6,1 M€ á construción do cambiador de ancho.

Ademais informa Adif-AV, que está pendente de licitar a catenaria, as instalacións de seguridade que inclúen a implantación do sistema de protección ERTMS, o GSMR e as telecomunicacións fixas e móbiles.

Todas estas actuacións, informa o administrador ferroviario permitirán que a LAV Madrid-Galicia estea operativa en fase de probas a finais de 2019 e deste xeito cumprirase o compromiso adquirido polo Ministerio de Fomento.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.