Carmen Chacón, unha política socialista de categoría

Coñecín onte a triste noticia da morte de Carme Chacón, coa que compartín actividade parlamentaria desde o ano 2000, cando acadamos acta no Congreso dos Deputados, ela por Barcelona e eu por Ourense. 

A súa traxectoria política alcanzou un gran nivel, foi vicepresidenta do Congreso dos deputados ao comezo da oitava lexislatura, ata que en 2007 foi nomeada por José Luis Rodríguez Zapatero ministra de Vivenda e pouco tempo despois en 2008 ministra de Defensa, sendo a primeira muller en ostentar o devandito cargo.

Foi na X Lexislatura cando a miña relación de traballo con Carmen fíxose máis próxima xa foi a Vicepresidenta Primeira da Comisión de Fomento que eu presidía e no período que foi desde o seis de marzo de 2012 ata o 31 de agosto de 2013. Nesta data abandonou o seu escano para viaxar a Estados Unidos e ser de sistemas políticos comparados no Miami Dade College.

Recordo a unha muller estudiosa, intelixente, decidida e de gran personalidade coa que era fácil chegar a acordos. Catalana e española, defendeu sempre os principios e ideais socialistas con convicción. Unha política de categoría.

O meu máis sentido pésame ao PSC-PSOE e á súa familia. DEP.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.