miércoles, 29 de marzo de 2017

Fomento adxudica a redacción do proxecto do tramo intermedio da A-76 Requejo (León) e a Veiga de Cascallá

Celebramos hoxe unha sesión de control ao Goberno na Comisión de Fomento do Congreso, que, incluíu senllas preguntas dos deputados ourensáns Miguel Ángel Viso e Celso Delgado sobre estradas e servizos ferroviarios. Ao remate difundimos esta nota de prensa:

Estradas

"Celso Delgado interpelou ao secretario xeral de Infraestruturas, Manuel Niño, sobre a situación actual dos proxectos de estradas que ten en marcha o Ministerio de Fomento na provincia de Ourense.

Sobre a autovía A-76 (Ponferrada-Ourense) Manuel Niño indicou que se está traballando na redacción dos proxectos correspondentes aos tramos A Veiga de Cascallá e O Barco de Valdeorras e Villamartín de la Abadía e Requejo, xa na provincia de León, proxectos que se agardan someter a información pública no primeiro semestre deste ano para podelos aprobar definitivamente.

Precisamente sobre o importantisimo tramo intermedio, entre Requejo (León) e A Veiga de Cascallá (Ourense), o secretario xeral de Infraestruturas anunciou que a redacción do seu proxecto fora adxudicada o pasado día 22, co que agora esperaban asinar o contrato de asistencia técnica para a redacción do proxecto nas próximas semanas e iniciar a súa redacción no primeiro semestre de 2017, "para o que se dispoñerá da correspondente partida nos orzamentos xerais do estado de 2017".

Celso Delgado tamén preguntou ao representante do Goberno sobre a A-56 (Lugo-Ourense), sobre a que Niño asegurou que en 2017 terían continuidade as obras do tramo entre A Barrela e San Martiño, que teñen un orzamento de 32,2 millóns de euros, pero sobre todo referiuse ao variante norte de Ourense, entre Eirasvedras e Quintela, incluído nesta autovía. Así, anunciou, de forma inminente o BOE publicará a  aprobación do expediente de información pública do proxecto de construción deste tramo.

Por último, Manuel Niño tamén respondeu as preguntas do deputado ourensán sobre a nova conexión das estradas N-120 e N-536 no Barco de Valdeorras, actuación prioritaria para o Ministerio de Fomento e que fará as funcións de variante nesta localidade. Na actualidade, sinalou, están a iniciarse os traballos preliminares para o levantamento de actas previas á expropiación.

Servizos ferroviarios

O deputado Miguel Viso, pola súa banda, interesouse pola valoración dos servizos ferroviarios Avant no corredor Ourense-Santiago-A Coruña.  O secretario de Estado de Infraestruturas e Transportes, Julio Gómez Pomar, foi o encargado de contestar destacando que a "calidade e aceptación do novo servizo está referendada polo importante incremento do número de viaxeiros". Un aumento que cifrou no 45,9 % en 2016 con respecto ao ano anterior e un 17,7 % nos dous primeiros meses do presente ano, "o que supón case 16.000 viaxeiros máis que no mesmo período de 2016".

Engadiu Julio Gómez que segundo a última enquisa realizada por Renfe, "os viaxeiros puntuan a calidade destes servizos en case un 8 sobre 10 e o grao de satisfacción sitúase en torno ao 90 %".

Celso Delgado tamén interpelou ao representante do Goberno sobre a súa valoración achega do primeiro ano de funcionamento do Plan Galicia de Renfe nas comunicacións de longa distancia entre Galicia e Madrid.

O secretario de Estado de Infraestruturas e Transportes destacou neste sentido que 2016 pechouse con máis de 900.000 viaxeiros na relación diúrna Madrid-Galicia, é dicir, un aumento do 26,1 % e 187.000 viaxeiros máis que en 2015, subliñando que "o produto Alvia supón case o 95 % de todo o tráfico entre Madrid e Galicia?. Tamén a tendencia é positiva nos dous primeiros meses deste ano, "cun crecemento do 5,1 % e ao redor de 6.000 viaxeiros".

Julio Gómez tamén detallou a evolución dos principais servizos segundo orixe e destino, onde "as  múltiples ligazóns habilitadas posibilitaron que os viaxeiros atopen máis opcións nos seus traslados, crecendo a comparativa de 2016 respecto de 2015 do seguinte modo:

-  Madrid - Ourense: 16 %
- Madrid - Santiago de Compostela: 39 %
- Madrid - A Coruña: 15 %
- Madrid - Lugo: 13 %
- Madrid - Vigo: 3 %
- Madrid - Pontevedra: 6 %

Outro dos aspectos destacados polo secretario de Estado de Infraestruturas e Transportes foi o incremento de billetes con tarifas "Promo", que antes do plan Galicia situábase en torno ao 30 % e un ano máis tarde alcanza xa o 35 %. Por traxectos, Madrid-Santiago supón un 44,3 %; Madrid-Ourense un 35,3 %; e Madrid-Vigo cun 34 %.

Gómez Pomar referendou ademais a prioridade que para o Goberno ten a conexión de alta velocidade entre Galicia e o centro peninsular, afirmando que "as obras do AVE a Galicia seguen adiante e continúase traballando no desbloqueo dos tramos crave na conexión coa meseta".

Obras de alta velocidade:

Finalmente Celso delgado preguntou ao secretario xeral de Infraestruturas, Manuel Niño, sobre o estado das obras da LAV entre Zamora e Ourense.

O alto cargo de Fomento respondeu que as previsións son que a finais de 2018 poderían estar finalizadas as obras do tramo entre Zamora e Pedralba de la Pradería, onde os traballos están máis avanzados, o que supoñerá unha redución adicional próxima aos 35 minutos nas relacións actuais con Galicia.

Ademais, anunciou que esta mesma mañá o Consello de Administración de ADIF adxudicou a construción do cambiador de ancho de vía de Pedralba de la Pradería , que podería estar listo a mediados de 2018.

Tamén Celso delgado reinvindicó a necesidade dunha estación en A Gudiña que de servizo á comarca de Verín, do norte de Portugal e de Valdeorras. Manuel Niño afirmou sobre a estación Porta de Galicia que o proxecto básico aprobouse definitivamente o 28 de febreiro de 2013 e que a estación se construirá aproveitando o punto de adiantamento e estacionamento de trens (PAET) existente.

Non faltaron tampouco referencias a servizos de atención ao viaxeiro como a conexión wifi, que nun prazo de seis anos preténdese implantar en todas as unidades de alta velocidade, así como a instalación de tomas individuais de recarga, xa existentes nalgúns servizos entre Galicia e Madrid, estando previsto inicialmente que todos os trens da serie 730 de traxecto conten con estas tomas antes de que finalice o ano."

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta