jueves, 2 de febrero de 2017

Contratada a obra de electrificación do treito Nine - Viana do Castelo, na Liña do Miño

O pasado día 26 de xaneiro daba conta neste blog de que no Foro organizado pola CEP, o Secretario de Estado de infraestruturas de Portugal. D'Oliveira anunciaba que a próxima semana licitaranse os novos concursos para a mellora da liña ferroviaria entre Porto e Valença do Minho, a coñecida como Liña do Miño.

Pois ben, informa “Infraestruturas de Portugal” que  contratou o 30 de xaneiro, a obra de Eletrificación do treito Nine - Viana do Castelo, na Liña do Miño, que representa un investimento de 16 millóns de euros.

Nunha cerimonia que decorreu, a bordo da automotora AllanVip e que foi presidida polo Ministro da Planificación e das Infraestruturas, Pedro Marques, foi asinado o auto de consignación deste contrato, un acto que marca o arranque dos traballos no terreo.

Esta adxudicación ten un prazo de execución de 540 días e comprende, a Eletrificación de todo o treito entre Nine e Viana do Castelo, nunha extensión total de 44 quilómetros:

-  O alteamento e prolongamento das plataformas de pasaxeiros; A execución de traballos de estabilización de taludes, traballos de terraplenaxe, drenaxe e estruturas de soporte e contención; A execución dunha Estación técnica en Midões e a ampliación da Estación de Barroselas;A realización de intervencións de impermeabilização dos túneles de S. Miguel da Carreira, de Tamel e de Santa Lucrécia.

Esta é unha liña de vía única non eletrificada, que rexistra un elevado fluxo de circulación, inserida en ambiente predominantemente rural mais tamén con zonas de características urbanas con gran densidade poboacional, nomeadamente na proximidade de estacións e apeadeiros.

A obra insérese no ámbito do proxecto para a modernización da Liña do Miño, que tamén contempla a Eletrificación entre Nine e Valença (Fronteira).

A Liña do Miño integra o corredor Eixo Atlántico e a concreción do proxecto de modernización revístese de extrema importancia na conexión da rede ferroviaria nacional a España, nomeadamente na conexión a Vigo, aumentando a capacidade exportadora de mercadorías do país.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta