lunes, 16 de enero de 2017

Aprobado o Regulamento Marco do 18 Congreso do Partido Popular

Hoxe o vicesecretario de Comunicación do Partido Popular, Pablo Casado, destacou a unidade como o valor máis importante que permitiu ao Partido Popular afrontar os difíciles momentos da pasada lexislatura e os retos que hai por diante. 

E explicou que o Comité Executivo Nacional do Partido Popular aprobou o Regulamento Marco do 18 Congreso, o borrador de horario e as datas na que se celebrarán os Congresos Rexionais, unha vez acabado o nacional. 

O Congreso Nacional do Partido Popular, dará comezo o venres 9 de febreiro; os relatorios debateranse o sábado pola mañá, salvo Política e Estatutos que se desenvolverá o venres pola tarde; as votacións á lista do candidato produciranse o sábado pola tarde e a xornada de clausura terá lugar o domingo pola mañá.

En canto aos Congresos Rexionais, Murcia, Andalucía, País Vasco, Madrid e Canarias celebrarano o fin de semana do 17, 18 e 19 de marzo; Cataluña, Baleares e Estremadura o 24, 25 e 26 de marzo e Castela e León, Castela-A Macha, Comunidade Valenciana e A Rioxa o 31 de marzo e 1 e 2 de abril. Así, o período congresual do PP deberá estar concluído no primeiro semestre de 2017 para poder centrarse no futuro.

Na rolda de prensa posterior ao Comité de Dirección presidido por Mariano Rajoy, Pablo Casado, vicesecretario de Comunicación do Partido Popular destacou que o presidente Mariano Rajoy fixou en tres os principais retos de futuro que encara o PP:

1. A renovación interna do partido debe estar concluída no primeiro semestre coa celebración dos Congresos Rexionais e provinciais despois do Congreso Nacional.

2. Preparar as eleccións municipais e autonómicas de 2019, para as que quedarán dous anos a partir do mes de xuño.

3. Gobernar España conscientes do de que o diálogo e acordo son condicións básicas e co acordo de investidura con C,s e Coalición Canaria como norte.

Neste sentido, Pablo Casado destacou os tres grandes obxectivos da lexislatura pódense resumir en tres:

-Crecer e crer emprego.

-Continuar coas reformas.

-Afianzar o diálogo en tres vertentes: Político no Congreso, territorial entre administracións e social con patronal e sindicatos.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta