jueves, 15 de diciembre de 2016

No faladoiro de Voces de Galicia de Radio Voz

Interveño esta mañá non faladoiro do programa Voces de Galicia de Radio Voz que modera Antía Díaz Leal e na que compartín micrófono con Pepe García, Xosé Lois Barreiro.

Falamos en primeiro lugar do cambio de escenario político despois das eleccións xerais que obriga a pactar e chegar a acordos. Dixen que o Partido Popular ten asumido esta situación e que está disposto ao diálogo para todos os temas e especialmente para materias como os Orzamentos Xerais do Estado de 2017.

Dixen que non é admisible querer derrogar todas as normas que se aprobaron ao longo da pasada lexislatura, moitas das cales produciron efectos positivos moi importantes para o conxunto dos españois, non é a mellor maneira de construír nin de facer unha achega ao interese xeral de todos. 

Sobre a Lei de Seguridade Cidadá dixen que hoxe en España non hai un problema de ausencia de dereitos ou de goce de liberdades ou de liberdade para exercer o dereito de manifestación. 

Puxen como exemplo que as denuncias por manifestacións convocadas sen pedir os permisos que esixe a lei, son o 0,02 das denuncias que houbo.

Dixen que  Lei de Protección da Seguridade Cidadá aprobada en 2015 foi unha iniciativa que naceu para fortalecer as liberdades públicas, posto que deslinda perfectamente o campo dos dereitos "por exemplo, os de reunión e manifestación" do das condutas violentas, vandálicas e insolidarias. 

Falei tamén da pretensión socialista da derrogación da reforma de 2012. Dixen que pareceu  máis un debate sobre a primacía política da esquerda da oposición de esquerdas, en realidade que sobre as actuacións para levar a cabo. Engadín que non se pode poñer máis énfase na derrogación que na construción.

Dixen que volver con carácter inmediato á lexislación de 2010 ou á de 1980 non é a solución. Lembrei que gobernando o PSOE o paro subiu do 9% ao 24%, e que a pesar da reforma laboral de 2010, en 2011 destruíanse aínda así 1.400 empregos diarios. 

Que, antes caía a afiliación á Seguridade Social a un ritmo do 2% e agora crece a un ritmo do 3,4%. Que, hoxe hai 632.536 parados rexistrados menos que en decembro de 2011. O paro crecía ao 12,4% en 2011 e hoxe cae a un ritmo do 10,9%. 

Dixen que a reforma laboral funciona pero que sabemos que non está todo feito, queda moito camiño por percorrer, porque aínda hai moitos españois que queren traballar e non poden. E dixen que estabamos dispostos a reformas puntuais.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta