A prioridade do AVE a Galicia e compartir as decisións de xestión da autoestrada AP-9, temas relevantes da reunión entre Feijóo e De la Serna

Hoxe tivo lugar unha importante reunión entre o  presidente do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, e o novo ministro de Fomento, Íñigo de la Serna.
Nela abordaron diferentes temas de infraestructuras e transporte.
Primeiramente a problemática dos os accesos ferroviarios a Galicia en alta velocidade, De la Serna recoñeceu que seguen sendo unha prioridade para o Goberno, pero que o longo bloqueo do  goberno central en funcións impediu actuar para resolver os problemas xurdidos na execución destas obras do AVE. Tamén explicou as dificultades técnicas a longo de 18,5 km da traza.
Logo de agradecer ao ministro o realismo co que transcorreu a xuntanza, Feijóo recoñeceu en relación ao AVE que, se ben se están a cumprir os compromisos, Galicia non pode darse por satisfeita ata a súa finalización completa. “Agradecemos ao ministro a súa sinceridade e a confirmación de que o AVE sigue sendo unha prioridade para o Goberno de España, así como que nos diga a verdade”, dixo, en relación á necesidade de valorar o impacto que supón na execución do tren o parón dun ano, como consecuencia dun Goberno en funcións.
Nesta liña, o titular da Xunta destacou a axilidade do Ministerio de Fomento para desbloquear xa varios tramos e volver á normalidade na execución, centrándose nos 18,5 quilómetros nos que hai máis dificultades técnicas, así como o compromiso de proseguir coa conectividade de Ourense, directamente con Pontevedra e Vigo, e que tamén entre na planificación o AVE a Lugo, “porque Lugo –aseverou– non pode quedar á marxe da planificación da alta velocidade a Galicia e ten que estar conectado con Madrid en tres horas”.
O ministro non quiso poñer un novo prazo de conclusión das obras, alegando que agora toca avaliar o impacto.
Tamén nesta reunión falouse do importante e actual tema da xestión da autoestrada do Atlántico AP-9. De la Serna defendeu que é unha vía titularidad estatal, pero aceptou unha fórmula histórica de xestión da AP-9,que consiste en crear unha comisión bilateral permanente, que permitirá á Xunta colaborar e participar conxuntamente en todas as decisions que se tomen en relación coa xestión da autoestrada.
O presidente Feijóo puxo en valor a decisión de crear esta comisión bilateral Goberno central-Comunidade Autónoma para compartir todas as decisións de xestión da AP-9. E subliñou que as primeiras decisións de xestión que se compartirán son a confirmación de que os accesos á Cidade da Cultura estarán nos presupostos de 2017 e de que as bonificacións das peaxes na Barcala e na Ponte de Rande serán financiadas integramente pola Administración central.
“Sobre a autoestrada do Atlántico avanzamos máis ca nunca, porque por primeira vez o Goberno de España acepta que as decisións da autoestrada que afectan a Galicia se teñan que consensuar coa Comunidade”, asegurou o titular da Xunta.
Diante disto, Feijóo aseverou que a Comunidade poderá investir os 6 millóns de euros anuais que destinaba ás bonificacións destas peaxes a seguir mellorando as infraestruturas viarias en Galicia, “moi especialmente á autovía do Morrazo”. Se ben, recoñeceu que o Executivo autonómico seguirá formulando a transferencia da titularidade da AP-9 “e, por suposto, o Ministerio de Fomento, no contexto da política nacional, irá valorando esa proposta”.
 “O ministro é perfectamente consciente de que hai unanimidade política en Galicia en relación coa solicitude do traspaso da titularidade da autoestrada á Comunidade. Pero tamén é consciente de que esa demanda obedece a uns problemas de xestións que na nosa opinión veñen existindo desde hai moito tempo coa autoestrada do Atlántico”, abundou.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta


 
Con la tecnología de Blogger.