viernes, 23 de diciembre de 2016

O Goberno prohibe a suspensión da subministración eléctrica aos fogares especialmente vulnerables

Entre as decisións adoptadas hoxe polo Consello de Ministros atópase a aprobación dun Real Decreto Lei que establece un novo mecanismo de financiamento do custo do bono social de electricidade, así como diversas medidas de protección para os consumidores vulnerables.

Bono social:

O bono social supón un desconto do 25 por 100 na factura final de electricidade e a el poden acollerse os consumidores máis vulnerables, un colectivo que actualmente inclúe ás familias con todos os seus membros en situación de desemprego, aos perceptores de pensións mínimas, ás familias numerosas e aos consumidores con potencia contratada inferior a tres quilowatts. Actualmente existen 2,4 millóns de fogares acollidos ao bono social.

Debido a unha recente sentenza do Tribunal Supremo, o financiamento do bono social había quedado invalidada, aínda que os consumidores vulnerables podían continuar acolléndose ao mesmo.

Co Real Decreto Lei hoxe aprobado restablécese o financiamento do bono social, que será asumido polas comercializadoras de enerxía eléctrica.

Prohibición do corte de subministración:

A norma establece que non poderá suspenderse a subministración eléctrica aos consumidores en situación de especial vulnerabilidade que estean a ser atendidos polos servizos sociais das Administracións Públicas competentes.

Actualmente, a Lei do Sector Eléctrico xa contempla unha serie de subministracións consideradas esenciais aos que en ningún caso podería suspenderse a subministración eléctrica (cárceres, hospitais, etcétera). Con esta medida pásase a incluír tamén aos consumidores en situación de vulnerabilidade severa.

Establécese, así mesmo, que as comercializadoras eléctricas cofinanciarán unha parte dos gastos que as administracións competentes estean xa realizando para atender a estes consumidores.

Outras medidas de protección:

Doutra banda, amplíase de dúas a catro meses o prazo para suspender a subministración a determinados grupos de consumidores vulnerables en caso de falta de pagamento.

Ademais, dáse un mandato ao Goberno para que, no prazo de tres meses, desenvolva a normativa necesaria para establecer os termos e condicións de aplicación destas medidas de protección ao consumidor, así como para impulsar medidas de protección e de mellora da transparencia na contratación da subministración dos consumidores vulnerables.

Celebro que hoxe o Goberno plasmase neste R.D. Lei o acordo alcanzado hai días entre o PP e o PSOE, ao que tamén se sumou Cidadáns, para establecer un sistema ben definido de loita contra a pobreza enerxética para limitar os cortes de subministración eléctrica aos consumidores que se atopan en situación de vulnerabilidade

Así se clarifica o financiamento do bono social que quedou en dúbida por unha sentenza do Tribunal Supremo.

As competencias neste asunto corresponden aos Concellos e ás Comunidades Autónomas, polo que será durante a tramitación regulamentaria da norma cando de maneira consensuada con todos eles articularase o procedemento para evitar os cortes de subministración, a modificación da definición de consumidores vulnerables e a mellora das prácticas de comercialización.

Durante ese período, que durará tres meses, terase en conta a Bruxelas, aos informes da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia e do Consello de Estado.


Esta medida virá mellorar as axudas que xa existen para os consumidores en situación de especial vulnerabilidade: na actualidade hai 2,6 millóns de fogares como consumidores vulnerables que reciben un desconto na factura do 25%. De todos eles, unha porcentaxe menor son consumidores extremadamente vulnerables que contan con atención dos Servizos Sociais municipais ou autonómicos.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta