A Deputacion Provincial insta a Fomento a continuar avanzando na variante ferroviaria entre Taboadela e Ourense

Hoxe houbo na Deputación Provincial de Ourense sesión plenaria na que foi debatida unha Moción sobre a variante ferroviaria proxectada entre Taboadela e Ourense.

Nela se recordana  como o pasado 19 de abril de 2013 a anterior ministra de Fomento, Ana Pastor confirmou esta variante como a solución máis axeitada para a chegada da alta velocidade á cidade. Optimizábase o trazado contemplado no proxecto de 2011, facendo un replantexamento dalgunhas das actuacións ferroviarias complementarias, co obxectivo de favorecer a conexión de alta velocidade nos prazos previstos e o máximo aproveitamento dos recursos dispoñibles. 

Recordábase que desde aquela data fóronse sucedendo diversos avances administrativos na tramitación ministerial desta variante ferroviaria. E que a mesma ministra de Fomento o 22  de xuño de 2016 reiterou nunha visita á cidade o compromiso con esta variante, afirmando que “para o tramo Taboadela-Ourense, propuxemos unha solución optimizada, sustentable e funcional, que por suposto mantén as prestacións expostas no Estudo Informativo inicial e que posibilita a chegada do AVE á cidade de Ourense e que se trata dunha solución consensuada con todas as Administracións”.

Por esos antecedentes e pola vixencia da súa necesidade, o PP defendeu esta Moción que finalmente foi aprobada nos seguintes términos:

1º.- Instar ao Ministerio de Fomento a que, en coherencia con todos os pasos administrativos antes citados, proceda nesta lexislatura a continuar avanzando na execución da proxectada variante ferroviaria entre Taboadela e Ourense.

2º.- Trasladarlles copia deste acordo ao Presidente do Goberno de España e ao Presidente da Xunta de Galicia.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.