O Sistema de Seguridade Social incorporou 591.889 afiliados no último ano

Hoxe tamén coñecemos os datos de afiliación  media á Seguridade Social en España que alcanzou 17.813.356 persoas en outubro. Trátase do maior incremento da ocupación de toda a serie histórica no devandito mes.

Ademais, o Sistema incorporou 591.889 afiliados no último ano, o incremento máis alto desde 2005 (ano estatisticamente condicionado pola regularización masiva de inmigrantes).

Do total de persoas que se sumaron ao Sistema durante outubro, máis de 100.000 (concretamente 100.520) incorporáronse ao Réxime Xeral. Ademais, a cifra media de mulleres ocupadas é a máis alta da serie desde que se dá o dato segregado por xénero: suman 8.246.786.

O empuxe da afiliación refórzase   co dato destacionalizado, que crece en 107.457. Hai que remontarse a agosto de 2005 (118.000) para atopar un referente maior.

VARIACIÓN MENSUAL

O Réxime Xeral aumentou en 100.520 persoas (0,70%), ata alcanzar os 14.551.149 ocupados. A  afiliación como é habitual no mes de outubro incrementouse en Educación, con 123.054 ocupados máis (17,88%). Séguenlle Administración Pública e Defensa, 14.511 (1,43%); Actividades Artísticas, Recreativas e de Entretemento, 12.598 (5,84%) e Construción, 12.327 (1,78%).

En sentido contrario, e en coherencia con outros meses de outubro,  destaca a Hostalería, con -55.856. Así mesmo hai descensos en Actividades Sanitarias e Servizos Sociais, -32.899 e Actividades Administrativas e Servizos Auxiliares (-15.492).

En canto ao Sistema Especial Agrario experimenta un aumento de 26.382 afiliados (3,53%). Na actualidade conta con 774.078 afiliados medios.

Pola súa banda, o Sistema Especial do Empregados do  Fogar rexistra 2.036 persoas menos (-0,48%) e suma en conxunto 426.266 ocupados.

O Réxime de Autónomos engloba a 3.194.260 persoas, tras sumar 2.421 afiliados en outubro. O Réxime Especial do Mar descende en 1.570 (-2,35%), co sitúase en 65.155. Finalizaron campañas importantes como a sardiña, o bonito e  a chirla. Finalmente, o Carbón descende en 36 afiliados (-1,28%).

Por comunidades, a afiliación increméntase en doce territorios.  En maior medida en Comunidade Valenciana, con 37.610  ocupados máis (2,22%); a Comunidad de Madrid, 33.487 afiliados (1,16%); Andalucía, 28.126 (1%),  País Vasco, 15.882 (1,76%); Canarias, 8.189 (1,11%) e Castela-León, 6.144 (0,69%).

 RESPECTO DE 2015

En termos interanuais, outubro conta con 591.889 afiliados medios máis, o 3,44%.

É o maior aumento interanual neste mes desde 2005 (ano da regularización de estranxeiros) e o maior de calquera mes desde maio de 2015.

O incremento débese en gran parte ao bo comportamento do Réxime Xeral que suma 560.817 traballadores. A súa taxa anual de crecemento alcanza o 4,01%.

No Réxime Especial de Traballadores Autónomos hai que sinalar que a taxa anual avanza un 0,91%, o que se traduce nun aumento de 28.698 persoas. O Réxime do Maraumenta un 5,28% (3.266) e o Carbón descende en 891 persoas (-24,19%).

En relación ao ano pasado a ocupación crece en todas as Comunidades Autónomas (incluídas as cidades autónomas de Ceuta e Melilla). Destacan Cataluña, con 125.135 afiliados máis (4,09%); Comunidad de Madrid, con 92.119 (3,25%); Andalucía, con 88.794 (3,22%) e Comunidade Valenciana, con 68.556 (4,11%).

GALICIA

A afiliación media á Seguridade Social alcanzou 971.552 ocupados en outubro, o que supón un descenso mensual de - 1.335 persoas (-0,14 %).

O Réxime Xeral conta con 733.321 persoas (deles 5.410 no Sistema Especial Agrario e 27.457 no Sistema Especial do Empregados do Fogar) e o de Autónomos conta con 216.237  persoas. O do Mar conta con 21.994 persoas.

En termos interanuais, outubro pechou con 20.346 afiliados medios máis, un 2,14  % . Este incremento é o maior producido nun mes de outubro desde 2007

OURENSE

A afiliación media á Seguridade Social alcanzou 101.521 ocupados en outubro, o que supón un descenso mensual de - 396 persoas (-0,39 %)

O Réxime Xeral conta con 76.039 persoas (deles 449 no Sistema Especial Agrario e 3.328 no Sistema Especial do Empregados do Fogar) e o de Autónomos conta con 25.482  persoas.

En termos interanuais, outubro pechou con 1.380 afiliados medios máis, un 1,38 %.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.