Na toma de posesión do novo ministro de Fomento, Íñigo de la Serna

Asisto esta mañá na sede do Ministerio de Fomento, na miña condición de presidente da Comisión de Fomento do Congreso,  á toma de posesión  do novo ministro Íñigo de la Serna.

Un acto no que estivo flanqueado pola vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría, o ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, a ministra de Emprego, Fátima Báñez, e os últimos titulares da carteira de Fomento, Ana Pastor, actual presidenta do Congreso, e Rafael Catalá, actual responsable do Ministerio de Xustiza.

Por suposto estaban todos os altos cargos do Ministerio, así como os presidentes das empresas públicas dependentes (Renfe, Aena, Portos do Estado e Adif). Acudiu tamén unha ampla representación de altos cargos do PP, como a vicesecretaria de Estudos e Programas do partido, Adriana Levy, o vicesecretario xeral de Comunicación, Pablo Casado, o vicesecretario de Organización, Fernando Martínez-Maillo, e o vicesecretario para asuntos territoriais, Javier Arenas. E unha destacada representación das grandes construtoras e asociacións empresariais e dos sindicatos
 
Tras recibir deste último a carteira de Fomento, Íñigo de la Serna pronunciou unha palabras que comezaron coa afirmación de que  a súa vida política estivo toda ela "en paralelo" á figura do presidente do Goberno, Mariano Rajoy. E lembrou que precisamente Rajoy "foi o responsable" da súa primeira candidatura á alcaldía de Santander, no ano 2007. "Agora accedo a un Ministerio con 55.000 funcionarios, o equivalente a unha terceira parte dos habitantes da cidade de Santander", remarcou.

Manifestou a súa intención de abordar "canto antes" os asuntos "urxentes" que, actualmente están pendentes no Ministerio e que abordará "dialogando" cos distintos sectores.
 
Dixo "Vou botar o resto e facer todo o que estea na miña man por estar á altura da responsabilidade" recoñecendo que sería difícil superar o listón deixado por Ana Pastor.

Ratificou que os criterios de "eficiencia e eficacia na xestión dos recursos públicos" rexerán a súa xestión. "Trátase dun Ministerio cuxa xestión e actividade ten que ver coa competitivade do país, é moi importante para outros sectores como o do turismo e ademais é un dos que ten máis capacidade para xerar emprego", destacou De la Serna.
Esta é a súa Biografía:

Íñigo de la Serna Hernáiz naceu o 10 de xaneiro de 1971.

É enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos, licenciado pola Universidade de Cantabria na especialidade de Hidráulica, Oceanografía e Medio Ambiente.
Elixido en 2007 alcalde de Santander e reelixido tras as eleccións municipais de 2011 e 2015.
Traballou na empresa privada, como responsable do departamento de Hidráulica da empresa de enxeñería Apia XXI, entre os anos 1995 e 1999.
 
Posteriormente, foi nomeado director de gabinete do conselleiro de Medio Ambiente do Goberno de Cantabria, de 1999 a 2003.
 
Desempeñou o cargo de concelleiro de Medio Ambiente, Auga e Praias do Concello de Santander durante a lexislatura 2003-2007.
 
Foi deputado rexional durante a súa primeira lexislatura como alcalde, entre os anos 2007 e 2011; e volve selo na lexislatura 2015-2019.
 
Foi presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) desde xullo do 2012 ata setembro de 2015, e posteriormente ocupou a vicepresidencia primeira.
 
Ademais, estivo á fronte da Rede Española de Cidades Intelixentes (RECI) desde a súa fundación no ano 2012 ata o mes de maio de 2016.
 
Ocupou a presidencia do Consello de Municipios e Rexións de Europa (CMRE).
 
Ata o seu nomeamento como ministro de Fomento, foi vicepresidente da Conferencia das Cidades do Arco Atlántico (CCAA), membro do Comité das Rexións e da Rede Mundial de Cidades e Gobernos Locais e Rexionais (CGLU), así como asesor externo do Banco Interamericano de Desenvolvemento.
 
Xunto a iso, tamén foi embaixador do Pacto de Alcaldes e membro do Consello de Fundadores do Pacto Mundial de Alcaldes.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.