Fomento aproba o proxecto de Construción da circunvalación de O Barco de Valdeorras

Difunde hoxe o Ministerio de Fomento que con data 23 de novembro aprobou o proxecto de Construción: "Conexión entre as estradas N-120 e N-536. Tramo: Sobradelo - O Barco de Valdeorras", na provincia de Ourense. Esta actuación permite a circunvalación ao Barco de Valdeorras.

A lonxitude do tramo é de 5,6 km e o orzamento estimado para a execución das obras de 63,64 millóns de euros.

O obxecto do proxecto é definir a conexión entre as estradas N-536 e N-120 nas proximidades do Barco de Valdeorras, servindo como variante de poboación para evitar, por unha banda, o frecuente paso dos camións con lousa das canteiras próximas e resto de vehículos a través do núcleo urbano e, por outro, para mellorar as comunicacións de toda a comarca de Valdeorras.

No tramo proxéctanse dous nós:

O primeiro, no punto quilométrico (p.k.) 3,450 da traza que é coincidente co quilómetro 45 da actual N-536. É unha intersección en T dotada de carrís centrais de espera e cambio de velocidade.

O segundo, ao final do tramo, como unha nova ligazón con glorieta superior, que serve de conexión entre a nova variante e a N-120 situándose próximo ao existente do quilómetro. Esta nova ligazón foi deseñado e previsto para aloxar o paso da sección da futura autovía A-76: Ponferrada-Ourense; ademais dará acceso á estrada OU-622 e viarias ao nucleo do Barco.

Ao longo do trazado proxectáronse un total de 10 estruturas: 5 viadutos, 4 pasos superiores e 1 paso inferior, onde destaca o viaduto sobre o rio Sil de 461 m de lonxitude, que tambien debe salvar o ferrocarril e a estrada OU-0801 de Entoma.

A continuación do viaduto sobre o rio Sil en sentido noroeste, contémplase a construción dun túnel de 490 m de lonxitude baixo o monte de Ou Serro.

O proxecto inclúe todas as medidas de integracion ambiental e protección do patrimonio cultural, asi como un paseo peonil e ciclista segregado ao longo da N-536.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.