jueves, 10 de noviembre de 2016

Alberto Núñez Feijóo, é elixido Presidente da Xunta de Galicia

Asisto esta tarde no Parlamento de Galicia á última parte do debate de investidura.

Despois da votación foi elixido por maioría absoluta de 41 votos Alberto Núñez Feijóo como presidente da Xunta de Galicia. 

Unha vez proclamado este resultado, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, comunicará o resultado da elección á Súa Maxestade o Rei, para o seu nomeamento mediante Real Decreto que se publicará no Boletín Oficial do Estado,  conforme o disposto no artigo 18 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente.



A comunicación a Súa Maxestade o Rei e ao presidente do Goberno efectuarase esta mesma tarde por correo electrónico, ao tempo que se enviará cadanseu documento orixinal que chegará a destino mañá a primeira hora.


Finalizado o acto tiven oportunidade de felicitar ao presidente Feijóo e de facer esta foto cos moitos ourensans que estiveron presentes no Parlamento tanto no hemicilo como na tribuna de invitados, entre eles o presidente da Deputación, Manuel Baltar.

O sábado terá lugar o seu xuramento do cargo.