sábado, 12 de noviembre de 2016

Na toma de posesión de Alberto Núñez Feijóo: "Galicia somos todos. E todos os galegos de hoxe temos que dar o mellor de nós mesmos para os galegos do mañá

Asisto esta mañá no Salón dos Reis do Parlamento de Galicia ao acto no que Alberto Núñez Feijóo tomou posesión como presidente da Xunta  e no que se deron cita diferentes autoridades  e personalidades do Estado e da Comunidade Autónoma.

A representación da Administración Xeral do Estado correu a cargo do presidente do Goberno, Mariano Rajoy.

O acto deu comezo coa lectura, a cargo do presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, do  Real Decreto polo que se nomea presidente da Xunta de Galicia a Alberto Núñez Feijóo.

Acto seguido, Núñez Feijóo prometeu o seu cargo. De seguido interviñeron, con cadanseu discurso, o presidente do Goberno central, Mariano Rajoy Brey, e o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

O presidente do Goberno, Mariano Rajoy, subliñou que esta comunidade autónoma "lo tiene todo para triunfar en el siglo XXI; entre otras cosas, está en España e en Europa, lugares donde se asienta la democracia, la libertad y los derechos humanos y donde existe un modelo de bienestar".

Lembrou o gran cambio producido en Galicia en todos os ámbitos desde 1981, ano no que se constituiu o primeiro Parlamento autonómico. “Desde esa fecha, la transformación de Galicia ha sido muy profunda, por más que nos hayan golpeado, sobre todo en los últimos años, algunas crisis económicas durísimas".

Neste sentido afirmou que "Galicia prospera, y lo hace gracias al talento, el esfuerzo y el coraje, el trabajo y la determinación de muchos gallegos, pero también porque ha habido un marco institucional en España y en Galicia que lo ha permitido".

Dixo que, "Galicia ha sido en estos 35 años un modelo de éxito de nuestro Estado autonómico". Además, rexeitou as teorías de aqueles que "ponen en tela de juicio todo, de quienes dicen que aquí no cambia nada, de quienes son incapaces de ver el mundo con cierta objetividad y de quienes solo ven lo que no está bien".

Rajoy afirmou ademáis, que "Galicia lo tiene todo para triunfar en el siglo XXI: Está en España, está en Europa, donde está el 25 por 100 de la riqueza mundial, un espacio donde se asienta firmemente la democracia, la libertad y los derechos humanos; una región donde existe un modelo de bienestar con unos servicios públicos que no existen en el resto del universo.

Mariano Rajoy tamén eloxiou ao reelixido presidente da Xunta de Galicia, do que dixo que posee “los valores que califican al buen gobernante: la moderación, el empeño reformista, la determinación necesaria, la sensibilidad social y la estabilidad".

Da intervención do presidente Alberto Núñez Feijóo destaco as seguintes frases:

“ Igual que unha boa nai, Galicia non deixa de ensinar leccións e experiencias acumuladas durante a súa longa andaina pola historia.
Espero seguir sendo un fillo que a escoita, aprende, e lle devolve cando menos unha parte do moito que Galicia me deu”
“Se a estas alturas do século XXI nos preguntamos por un pobo que administrou con proveito e sensatez o seu autogoberno, teriamos que contestar que ese pobo é Galicia.
Se precisamos un exemplo de país onde nacen as máis vellas tradicións espirituais europeas, pero que ten unha sociedade aberta e unha economía internacionalizada, ese exemplo chámase Galicia”.
“Galicia cre en si mesma. Os galegos protagonizamos unha epopea democrática que ten como resultado unha sociedade máis libre, máis igual e máis fraterna, sen ter que pagar o tributo do enfrontamento ou a discordia.
O autor desa partitura foi o pobo galego e os intérpretes, gobernantes de todos os pensamentos que xa teñen un lugar de privilexio na nosa historia”. 
“Galicia sabe o que quere. Responde a esa idea de país no que as persoas non viven simplemente xuntas, senón que fan cousas xuntas”.
“O autogoberno foi unha utopía realizada grazas á loita e o traballo de galegos coñecidos e anónimos. Agora o soño realizable é que o futuro sexa un tempo no que Galicia brille como unha comunidade libre e próspera. O futuro non pode sorprendernos e, moito menos, dividirnos.
Para iso, a estabilidade política e institucional é un requisito esencial. Estabilidade do autogoberno galego, e estabilidade tamén da nación española da que Galicia forma parte, e da Unión Europea á que nos vencellan pasados, valores e obxectivos comúns.”
“Sabe o presidente Mariano Rajoy, ao que lle quero agradecer o seu xesto de participar nesta toma de posesión, que Galicia pode e quere ser un modelo de estabilidade para España.
E pídolle que lle traslade ao Xefe do Estado que son moi consciente de que o que acabo de prometer supón asumir a honra de ser o Presidente de Galicia pero tamén o representante ordinario do Estado na miña terra, e fágoo con orgullo e co permanente compromiso de lealdade a España.
Sabe tamén que o Goberno que eu presida será un aliado fiel e coherente para afrontar os retos que nos agardan”.
“O futuro, señoras e señores, tampouco nos pode dividir. Defendemos un crecemento harmónico que se asemelle ao dos organismos vivos, no que non haxa galegos nin Galicias que queden atrás.
A nosa fortaleza está e seguirá estando na inexistencia de brechas que fragmenten a sociedade.
Avanzaremos todos, co acordo de todos e cara a metas definidas por todos os que sigamos o consello de unir esforzos e non de dividilos, tal e como sempre nos reclaman os galegos.”
“ Síntome discípulo da nosa xente. Síntome como un escolante que vai coa mente aberta e o corazón ilusionado á aula do mestre, como se se tratara do primeiro día e da primeira clase.
Ben sei que esa sabedoría que Galicia atesoura non está ao meu alcance, pero sempre necesitarei acudir a ela para orientarme e servir mellor aos meus concidadáns.
Oxalá que me ilumine e anime na tarefa de empezar a vivir no futuro. Galicia é un dos pobos máis antigos do mundo porque así o quixeron os nosos devanceiros. Galicia, unha terra, un pobo, unha fala... e un Parlamento. A nosa misión é facer desde aquí que perdure e que, no noso soar, o goberno do pobo, polo pobo e para o pobo, xamais morra”.
“Señor presidente do Goberno de España. Galicia sempre estará aí. Nunca pedirá máis do que lle corresponde, pero nunca se conformará con menos do que lle corresponde”.
O acto rematou coa interpretación do himno galego, a cargo da mezzosoprano Nuria Lorenzo, acompañada á zanfona.

Logo camiñamos ata a Praza do Obradorio, á “praza maior de Galicia, de España e de Europa” onde baixo unha intensa choiva escoitamos en unión de millleiros de cidadans as palabras de Feijóo que entre outras palabras dixo:

“Na Galicia de hoxe non hai derrotados nin vencidos. As urnas son afluentes dun mesmo río que é Galicia. Todos os votos, ideas, sensibilidades e inquedanzas son a materia prima para construír o noso país.
O futuro non pode prescindir de ninguén. Galicia é unha síntese. Galicia é un acordo. Galicia é un gran Camiño onde van parar outros máis pequenos pero necesarios.”
“Igual que o camiñante, o galego agrúpase. Igual que o camiñante, o galego nunca se dá por vencido, non desanda a ruta, nin se sente so. Igual que o camiñante, o galego é solidario, axuda, comparte. Ningún galego pode ser indiferente a outro galego”.
“Queremos que Galicia estea no mundo, e que o mundo estea en Galicia.
A Galicia que definimos entre todos, quere ser partícipe, protagonista, autora dos cambios e transformacións que nos deparan o presente e sobre todo o futuro”.
Estamos habitando os soños dos nosos pais, e soñamos a Galicia dos nosos fillos.Galicia é a terra onde os soños son posibles, e as utopías poden ser reais.
Aquí está o soño dun rapaz dos Peares que segue sentindo o aloumiño da súa familia e das súas xentes”.
“Galicia é unha nacionalidade que elixe sen deixar feridas nin

Aquí non hai razóns para que uns digan que non senten como seu a un presidente, e outros afirmen que non senten como seu ao pobo.
Todos os presidentes e todos os pobos son nosos. A democracia son unhas institucións e unhas normas, pero sobre todo uns valores que os galegos temos moito antes de que a liberdade quedase consagrada na Constitución e no Estatuto".
"Galicia somos todos.

Empezando polos galegos que sofren unha vida precaria ou dependente, as maltratadas, os que están fóra contra a súa vontade, os emigrantes nosos e os inmigrantes tamén nosos que chegan aquí buscando dignidade.
Todos forman ese país con experiencia e esperanza que hoxe inaugura unha nova xeira, baixo a protección dun Apóstolo fiel a unha terra que fixo súa.
Xa non somos a terra onde remataba o mundo. Galicia non é un final, senón un principio. Non é un epílogo, senón un limiar, un gran Pórtico que da entrada á liberdade, á convivencia e á prosperidade. Así queren os galegos que sexa. Así será coa axuda de todos. 
Porque Galicia somos todos. E todos os galegos de hoxe temos que dar o mellor de nós mesmos para os galegos do mañá.
¡Viva Galicia!”