domingo, 13 de noviembre de 2016

Alberto Núñez Feijóo, nomea aos membros do Executivo

Hoxe o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asinou, o decreto de nomeamento dos membros do Executivo, que queda conformado do seguinte xeito:
VICEPRESIDENTE E CONSELLEIRO DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA. ALFONSO RUEDA VALENZUELA

Naceu no ano 1968. Está casado e ten dúas fillas. É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago e ten o diploma de Directivo da Xunta de Galicia. Funcionario de Administración Local, con habilitación nacional, categoría superior.
CONSELLEIRO DE FACENDA. VALERIANO MARTÍNEZ GARCÍA
Naceu en Aldán (Cangas) en 1961, é licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela e diplomado en Xestión de Xerencia Hospitalaria pola Escola de Alta Dirección e Administración.
CONSELLEIRA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO. BEATRIZ MATO OTERO
Naceu no ano 1965. É enxeñeira industrial con especialidade en Organización Empresarial pola Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais de Bilbao. Ten o Máster de Dirección e Administración de Empresas (MBA) pola Escola de Negocios MBA homologado pola Universidade da Coruña.
CONSELLEIRA DE INFRAESTRUTURAS E VIVIENDA. ETHEL VÁZQUEZ MOURELLE
Nacida en Santiago de Compostela hai 41 anos, Ethel Vázquez Mourelle é enxeñeira de Camiños, Canais e Portos pola Universidade da Coruña.
CONSELLEIRO DE ECONOMÍA, EMPREGO E E INDUSTRIA. FRANCISCO CONDE LÓPEZ
Naceu en Monforte de Lemos en 1968. É licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade Complutense de Madrid e doutor en Ciencias Económicas e Empresariais pola mesma universidade.
 CONSELLEIRO DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA. ROMÁN RODRÍGUEZ GONZÁLEZ
Nado en Lalín en 1968, é doutor en Xeografía pola Universidade de Santiago de Compostela, na que se licenciou con premio extraordinario e onde é profesor titular. Posúe un título de Máster en Desenvolvemento Local.
CONSELLEIRO DE SANIDADE. JESÚS VÁZQUEZ ALMUIÑA
Naceu en Baiona en 1962. É licenciado en Medicina e Cirurxía Xeral pola Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. É especialista en Medicina Familiar e Comunitaria, experto universitario en Admisión e Documentación Clínica pola Universidade Complutense de Madrid e ten un Máster en Dereito Sanitario pola Universidade da Coruña.
CONSELLEIRO DE POLÍTICA SOCIAL. JOSÉ MANUEL REY VARELA
Naceu en Ferrol en 1975. É licenciado en Dereito pola Universidad Complutense de Madrid e especialista en Liderado e Xestión Pública polo IESE Business School.
 
CONSELLEIRA DO MEDIO RURAL. ÁNGELES VÁZQUEZ MEJUTO

Naceu en Melide en 1972. Acadou a licenciatura en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, coa especialidade en Xeografía Aplicada. Así mesmo, é técnica en Información e Cultura.
CONSELLEIRA DO MAR. ROSA QUINTANA CARBALLO
Naceu no ano 1959. É licenciada en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Doutora en Bioloxía coa tese ‘Contribución ao coñecemento do desenvolvemento gonadal do mexillón galego cultivado’.
Noraboa a todos eles, que continúan nas mesmas responsabilidades anteriores.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta