sábado, 17 de septiembre de 2016

Eleccións 25-S: de campaña en Ourense e Xinzo de Limia

Onte, no ecuador da campaña electoral para as eleccións autonómicas do 25-S, o Partido Popular desenvolveu unha das súas axendas electorais máis intensas coa celebración de nada menos que ata oito actos, ademais de contar coa presenza do presidente do PPdeG e candidato á Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente de Castela e León, Juan Vicente Herrera, que participaron nos mítines de Verín e Xinzo de Limia.

Neste día estiven no Posío, primeiro na carpa cos nosos militantes repartindo propaganda electoral para acudir logo ao xardín onde tivemos un mitín ao aire libre.

Nel participou o candidato Miguel Santalices,  portavoz do PPdeG no Parlamento e coordinador do programa electoral popular, Pedro Puy. Presentou o acto Jorge Pumar, presidente dese Distrito e pechou o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.

Ao rematar viaxei ata Xinzo da Limia, para asistir ao gran mitín onde inteveu o preisednete de NNXX de Ourense, alcalde desta vila, a primeira candidadta, Marisol Díaz, o presidente provincial Manuel Baltar, o presidente de Castela e León e o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo.

Juan Vicente Herrera, referíndose a Feijóo dixo que  o candidato do PPdeG á reelección, Alberto Núñez Feijóo, en "o mellor presidente autonómico", "un patriota" que garantiu os servizos públicos en oito anos de xestión e en "un dos mellores" dentro do seu partido. "É un luxo, un privilexio".

Resaltou a valía de Feijóo, "un político con sensatez, experiencia, centralidade, capacidade de diálogo e de traballo". "O voto indispensable en Galicia é para Feijóo", afirmou, quen remarcando  que se el fose galego, que "non" o é porque "ninguén é perfecto", non dubidaría en apoiar ao líder do PPdeG. "Non tería ningunha dúbida", subliñou, convencido de que os galegos actuarán con "responsabilidade" e "sentido común" outorgándolle "unha maioría estable".

Alberto Núñez Feijóo, afirmou que o PP necesita "gañar un referendo, a metade máis un" para gobernar e, pediu a quen votou a Cidadáns (C's) que lle outorguen a súa confianza nas urnas o 25 de setembro, do mesmo xeito que aos descontentos do PSOE.

E engadiu “queremos gobernar para todos e a inmensa maioría dos galegos non ten siglas”.

Pero de todas as súas frases quedo con esta “Eu non veño presumir do que fixen, senón a dar as grazas por saír adiante entre todos”.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta