miércoles, 21 de septiembre de 2016

Eleccións 25-S: as políticas sociais presentes na campaña

A campaña do PP de G, onte máis que nunca ten lugar nas rúas e nas prazas e por iso onte todo o noso equipo concentróu a súa actividade en dar a coñecer as nosas propostas  aos cidadáns.
En Ourense cidade, fixemos moitos esta tarefa na carpa instalada na rúa do Paseo.
A última hora da tarde acudo ao barrio da Mariñamansa, na Cuña para asistir a un acto electoral presentado por Jorge Pumar, presidente dese Distrito, e no que interveu o candidato Miguel Santalices, especialmente das políticas de sanidade pública que foron e son unha gran preocupación do goberno do PP.
Nese mitín falou o conselleiro José Manuel Rey Varela, afirmando que nestes anos o impacto da crise en moitas familias, especialmente nas que contan con máis obrigas familiares ou sufriron as consecuencias da perda do seu emprego, esixiunos a todos un esforzo solidario. E que por iso as políticas sociais foron ás que dedicamos desde o PP un maior esforzo orzamentario a pesar das restricións orzamentarias.
Dixo que hoxe, as familias con dificultades teñen máis ferramentas e instrumentos de apoio que as que existían no 2009: incrementamos nun 47% os cartos dedicados á inclusión social, reformando a lei en función do acordado nos pactos sociais; puxemos en marcha programas específicos para que ningunha familia quedase sen fogar, e para evitar os cortes de luz por impago; e somos unha das tres comunidades autónomas que mantén un complemento ás pensións non contributivas. Apoiamos á infancia, con maiores deducións fiscais para as familias con fillos; e en Galicia hai hoxe máis prazas públicas en garderías das que nunca houbo, un 75% máis que en 2009. Nese ano, pese a contar con moitos máis recursos, en Galicia eran atendidos 14.000 dependentes; mentres que hoxe, con menos recursos, o son preto de 50.000. E incrementamos nun 32% as prazas públicas en residencias, centros de día e centros especializados para os nosos maiores. Como consecuencia, e por dar un só e significativo dato, Galicia é unha das únicas catro comunidades autónomas que reduciu a taxa de pobreza desde o ano 2009, e a cifra fica ben por baixo da media estatal.
Pero, despois e falar destes avances, engadiu que sabemos que non abonda. Que hai que continuar reforzando as políticas sociais, para restablecer a igualdade de oportunidades e de acceso aos servizos fundamentais que a crise deteriorou.
E desgranou  varias propostas:
-Seguir traballando para impulsar a natalidade, apoiar o coidado dos fillos e mellorar a conciliación familiar e laboral, reforzando as axudas directas ás familias como bases para que Galicia siga sendo a Comunidade onde maiores facilidades teñan as familias para ser pais e nais.
- Favorecer a inclusións social poñendo en marcha medidas dirixidas á recuperación do nivel de vida anterior á crise; e servizos que atendan en primeiro lugar ás rendas máis baixas, pero tamén ás clases medias, excluídas xeralmente dos programas da administración.
-  Seguir completando os servizos de dependencia. Porque o noso obxectivo é dar máis cobertura e de maior calidade a un número superior de galegos e galegas. O firme compromiso do Partido Popular de Galicia tradúcese nunha aposta decidida por mellorar a calidade de vida daqueles que teñen limitada a súa autonomía persoal.

Pechou o mitín o alcalde Jesús Vázquez, falando do proxecto de execución para Centro Interxeracional en terreos achegados polo Concello de Ourense que financiará íntegramente a Fundación Amancio Ortega que será un centro pioneiro, que albergará nun mesmo contorno unha escola infantil, que estará integrada dentro da Rede de Escolas Infantís de Galicia, e un centro para persoas maiores para a promoción da autonomía persoal e a prevención da dependencia.

Uns equipamentos, que serán de titularidade da administración autonómica, e, polo tanto, terán carácter público, e que será un lugar inclusivo, de intercambio, no que nenos e maiores interactúan e aprenden uns doutros en encontros que lles ensinan a entenderse e a respectarse.

Tamen valorou o esforzo da Xunta no apoio mediante horas de atención para axuda no fogar, o a próxima construcción no Concello dun centro para personas con discapacidade e unha nova residencia para persoas maiores.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta