Promover o uso do galego no ámbito económico

Destaco que onte o Consello da Xunta,  decidíu promover o uso do galego no ámbito económico a través do primeiro Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico.

Informaba Alberto Núñez Feijóo que trátase dun Plan que ten como principal obxectivo o consenso porque busca precisamente aumentar a presenza do galego na economía e xeneralizar a convicción de que o galego no eido empresarial é útil. 

Destacou que nace dun consenso, xa que fortalecer o galego no ámbito económico é unha das directrices establecidas no Plan de Normalización Lingüística aprobado por unanimidade polo Parlamento en 2004. Así mesmo, tamén se elaborou con consenso xa que foi acordado e completado coas achegas de 314 axentes implicados no sector económico, ademais do Consello da Cultura Galega e da Real Academia Galega.


O Plan estrutúrase a través de tres obxectivos estratéxicos principais: crear conciencia de que o uso do galego favorece os resultados económicos e empresariais e as relacións laborais, comerciais e bancarias; estender o uso da lingua no ámbito económico, nas relacións laborais comerciais e empresariais, tanto na oferta como na demanda de servizos; e utilizar o idioma para impulsar unha imaxe de marca diferencial propia de Galicia.

Para concretar estes fins desenvolveranse medidas desde as dez áreas que contempla o sector: a hostalería, o comercio, a alimentación, as TIC, a construción e os inmobles, a banca, o asesoramento e intermediación, as axencias de publicidade, a área de traballo e o cooperativismo.

Segundo Feijóo, o plan vai ser avaliado no marco do Observatorio da Lingua Galega, mediante a creación dun grupo de traballo permanente integrado polos representantes tanto da Secretaría Xeral de Política Lingüística, como das consellerías e o resto de entidades involucradas no seu desenvolvemento anual, tales como o Consello Galego de Cooperativas, as Cámaras de Comercio ou a Confederación de Empresarios de Galicia, entre outras.
 

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.